Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 233 Luns, 01 de decembro de 2003 Páx. 14.750

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DO SOCIAL NÚMERO UN DE LUGO

EDICTO (591/2003).

Rafael González Alió, secretario do Xulgado do Social número un dos de Lugo dou fe e testemuño que nos autos de xuízo número 591/2003, seguidos por instancia de Javier Balboa Díaz contra a empresa Servicios Informáticos Sectoriales de Vigo, S.L. sobre cantidade, se dictou a sentencia cun encabezamento e parte dispositiva que di: «Sentencia.-En Lugo, 3 de novembro de 2003.-Vistos por Fernando López-Guitián Castro, maxistrado-xuíz substituto do Xulgado do Social número un dos de Lugo, estes autos de xuízo verbal nº 591/2003, sobre reclamación de cantidade, no que son partes, como demandante, Javier Balboa Díaz, representado polo letrado Xermán Vázquez Díaz e como parte demandada a empresa Servicios Informáticos Sectoriales de Vigo, S.L., que non compareceu malia estar citada en legal forma.

Decido que estimando a demanda sobre reclamación de cantidade interposta por Javier Balboa Díaz, debo condenar e condeno á empresa demandada Servicios Informáticos Sectoriales de Vigo, S.L. a lle satisfacer ó demandante a suma bruta de dous mil trescentos vintesete euros con sesenta e seis céntimos de euro (2.327,66 euros), polos conceptos expresados ó ordinal fáctico 2º no feito probado segundo desta resolución, cantidade que se incrementará nun 10% de xuro anual por mora, desde a data en que procedía o pagamento de cada un dos conceptos reclamados e ata o seu completo pagamento.-Notifíqueselles esta sentencia ás partes, coa advertencia de que contra ela cabe interpor recurso de suplicación para ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, na Coruña, dentro dos cinco días seguintes ó da súa notificación, por conducto deste xulgado do social, logo do depósito das cantidades obxecto de condena, e cos requisitos esixidos no artigo 189 e seguintes do texto refundido

da Lei de procedemento laboral e, en especial, o disposto no artigo 228 do citado corpo legal, consistente en que será indispensable que o recorrente que non gozase do beneficio de xustiza gratuíta acredite, ó anuncia-lo recurso de suplicación, ter consignado na conta de depósitos e consignacións, nº 2322-60-nº de autos 591/2003, que este xulgado do social ten aberta na entidade Banesto, sucursal da r/ San Marcos nº 3, 27001 desta cidade, a cantidade obxecto da condena. Poderá substituírse a consignación en metálico polo aseguramento mediante aval bancario, no que deberá facerse consta-la responsabilidade solidaria do avalista. O xustificante de consignación en metálico ou, de se-lo caso, o documento de aseguramento, nos que deberá consta-lo número do procedemento, quedará baixo a custodia do secretario, que expedirá testemuño destes para a súa unión ós autos, facilitando o oportuno recibo, mailo depósito de 150,25 euros prevido para esta clase de recursos, que deberá constituírse na

mesma conta nº 2322-65-nº de autos 591/2003 da entidade Banesto, que para o efecto e baixo a denominación de recurso de suplicación existe, e deberán entregarse os xustificantes na secretaría deste xulgado ó tempo de interpo-lo recurso, no caso de ser a empresa demandada condenada a que o interpuxese, de conformidade co disposto no artigo 227 do referido texto legal.

Así, por esta miña sentencia definitiva, pronúncioo, mándoo e asínoo.

Fernando López-Guitián Castro. Rubricado.-Publicación.-A anterior sentencia foi lida e publicada polo maxistrado que a subscribe, que estaba celebrando audiencia pública no día da súa data, do que eu, secretario, certifico. Rafael González Alió.-Rubricado.»

Concorda ben e fielmente co orixinal, e para que sirva de notificación en forma á empresa Servicios Informáticos Sectoriales de Vigo, S.L., en ignorado paradoiro, expido e asino este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia, en Lugo, o tres de novembro de dous mil tres.

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS

E VIVENDA