Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 231 Xoves, 27 de novembro de 2003 Páx. 14.600

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO DOUS DE PONTEVEDRA

EDICTO (428/2001).

En virtude do acordado polo maxistrado-xuíz do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número dous de Pontevedra, nos autos de referencia, seguidos por instancia de Finanzia Autorenting, S.A., representada polo procurador Sr. Soto, por medio deste edicto fáiselle saber que recaeu sentencia, que no seu encabezamento e parte dispositiva é como segue:

Sentencia número 79. En Pontevedra, o 22 de maio de 2003. Antecedentes de feito. Primeiro. Que este procedemento de xuízo ordinario se iniciou por demanda na que a parte demandante remataba solicitando como petición que se dictase sentencia pola que e condene á parte demandada a: 1º A devolución, entrega e posta á disposición da demandante dos vehículos marca Citroen, modelo C-15, obxecto do contrato de arrendamento (matrículas M-6564-VX e M-6563-VX). 2º O pagamento de cento cincuenta e dúas mil trescentas cincuenta pesetas en concepto de resto de rendas pendentes de aboamento, contabilizadas na data de resolución do contrato (12-7-2000), asi como os xuros moratorios do 24% da dita cantidade desde a indicada data do 12-7-2000. 3º Ó pagamento dun millón duascentas nove mil novecentas setenta e oito pesetas en concepto de cláusula penal por cancelación anticipada, calculada segundo o indicado no feito quinto da demanda, con expresa imposición de custas ós demandados, e de acordo cos

feitos e fundamentos de dereito que constan no seu escrito de demanda. Decido que estimando a demanda de xuízo ordinario interposta polo procurador Sr. Soto, en nome e representación de Finanzia Autorenting S.A. (antes Alquiler de Vehículos a Largo Plazo, S.A.) contra a entidade mercantil Voladuras Corbacho, S.L. en situación procesual de rebeldía, debo condenar e condeno á dita demandada a que lle aboe á demandante: 1) a suma de novecentos quince euros con sesenta

e catro céntimos de euro (915,64 euros) en concepto de resto de rendas pendentes de aboamento, contabilizadas na data de resolución do contrato (12-7-2000) e xuros moratorios do 24% da dita cantidade desde a indicada data do 12-7-2000 e 2) a suma de sete mil douscentos setenta e dous euros con once céntimos de euro (7.272,11 euros), en concepto de cláusula penal por cancelación anticipada, condenándoa así mesmo ó aboamento das custas do xuízo. Notifíqueselle esta resolución ás partes facéndolles saber que non é firme, e que contra ela cabe interpoñer recurso de apelación, que se preparará por escrito perante este xulgado no prazo de cinco días a partir da súa notificación. Así o pronuncia, manda e asina Juan José Trashorras García, maxistrado-xuíz do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número dous de Pontevedra e o seu partido.

E como consecuencia do ignorado paradoiro da entidade Voladuras Corbacho, S.L. expídese este edicto para que sirva de cédula de notificación.

Pontevedra, un de setembro de dous mil tres.

O secretario

Rubricado

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO UN

DE RIBEIRA