Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 231 Xoves, 27 de novembro de 2003 Páx. 14.601

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO UN DE RIBEIRA

EDICTO (233/2002).

Yolanda Rodríguez Sánchez, xuíza do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número uno de Ribeira fago saber que na resolución desta data dictada no expediente de referencia, acordei convoca-la Xunta Xeral de Acredores para o día 15 de decembro ás 11.00 horas na sala de audiencias deste xulgado, mantendo a cualificación de insolvencia definitiva na cantidade de 476.424,31 euros. Os acreedores poderán comparecer pesoalmente ou por medio doutra persoa a favor da que se outorgase poder notarial bastante que deberá exhibir no acto da celebración da xunta.

E para que conste e sirva de convocatoria a todos cantos acredores os que a citación lles resultase infructuosa, sirva este edicto para a súa notificación edictal en forma.

Dado en Ribeira, o vinteoito de outubro de dous mil tres.

O secretario

Rubricado