Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 231 Xoves, 27 de novembro de 2003 Páx. 14.601

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA

ANUNCIO do 14 de outubro de 2003, da Dirección Xeral de Tributos, polo que se relaciona notificación de posta de manifesto de actuacións de expedientes de derivación de responsabilidade pendentes de notificar e se empraza o interesado que se sinala para ser notificado por comparecencia (Emilio Enrique Rodríguez Fernández).

De conformidade co disposto no artigo 105 da Lei 230/1963, do 28 de decembro, xeral tributaria, segundo a redacción dada pola Lei 66/1997, do 30 de decembro, de medidas fiscais, administrativas e de orde social, relaciónase notificación de posta de manifesto de actuacións de expedientes de derivación de responsabilidade pendentes de notificar, despois de intentada a notificación persoal por dúas veces, e emprázase o interesado que se sinala no anexo para ser notificado por comparecencia.

O acto foi adoptado polo Servicio Central de Recadación da Dirección Xeral de Tributos, en aplicación do artigo 22 da Lei 1/1998, do 26 de febreiro, de dereitos e garantías dos contribuíntes.

A comparecencia deberá efectuarse no prazo de dez días contados desde o seguinte ó da publicación deste anuncio, diante do Servicio Central de Recadación desta Dirección Xeral de Tributos, con enderezo en San Caetano nº 3-soto, en horario das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ó do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

Santiago de Compostela, 14 de outubro de 2003.

Joaquín Caballero Miranda

Director xeral de Tributos

ANEXO

Suxeito pasivo: Control Gas, S.C.

CIF: G-36297182.

Responsable: Emilio Enrique Rodríguez Fernández.

NIF: 32868113-D.

Importe pendente: 10.818,22 euros.

Zona de Recadación: Ourense.

Suxeito pasivo: Control Gas, S.C.

CIF: G-36297182.

Responsable: Emilio Enrique Rodríguez Fernández.

NIF: 32868113-D.

Importe pendente: 804,23 euros.

Zona de Recadación: Ourense.