Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 231 Xoves, 27 de novembro de 2003 Páx. 14.600

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

AUDIENCIA PROVINCIAL DE OURENSE (SECCIÓN SEGUNDA)

EDICTO de notificación de sentencia (150/2002).

Alfonso Travado y Lira, secretario xudicial da Sección Segunda da Audiencia Provincial de Ourense certifico que, na peza de apelación nº 150/2002, que se segue perante esta Sección Segunda, se dictou sentencia que no seu encabezamento e decisión son do teor literal seguinte:

«Sentencia nº 27/2003. Maxistrado Fernando Alañón Olmedo. En Ourense o vintesete de marzo de dous mil tres. Peza de apelación nº 150/2002, relativo ó recurso de apelación interposto contra a sentencia dictada o 1-1-2002, polo Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número seis dos desta capital no xuízo de faltas nº 267/2002. Seguen antecedentes de feito, feitos probados e fundamentos de dereito. Decido que se desestima o recurso de apelación interposto por Jacinto Fernández Murias, contra a sentencia dictada o 1 de outubro de 2002, polo Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número seis desta capital, nos autos de xuízo de faltas nº 267/2002, confirmando integramente esta resolución e impoñendo as custas desta alzada ó recorrente. Contra esta resolución non cabe ningún recurso ordinario. Devólvanse os autos orixinais ó xulgado de que proceden, con testemuño desta sentencia para o seu coñecemento e cumprimento. Así por esta miña sentencia, da que se unirá certificación á

peza, pronúncioo, mándoo e asínoo. Fernando Alañón Olmedo. Rubricada».

E para que sirva de notificación en legal forma a Jacinto Fernández Murias que se encontra en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia en Ourense o 29 de outubro de 2003.

O secretario

Rubricado

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO DOUS

DE PONTEVEDRA