Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 229 Martes, 25 de novembro de 2003 Páx. 14.533

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DO SOCIAL NÚMERO TRES DA CORUÑA

CÉDULA de notificación de sentencia (687/2003).

Eu, Juan Rey Pita, secretario do Xulgado do Social número tres da Coruña, dou fe e certifico que neste xulgado se seguen autos nº 687/2003, por instancia de José Antonio Blanco Louro e outros contra Construcciones Fergama, S.L., sobre despedimento, nos que recaeu sentencia en data 27 de outubro de 2003, que copiada nos particulares di así:

Que, estimando a demanda formulada por José Antonio Blanco Louro e outros, declaro a improcedencia do seu despedimento e condeno á empresa Construcciones Fergama, S.L. que a súa elección, e para efectuar no prazo de cinco días, os readmita no seu posto e condicións de traballo ou os indemnice coa cantidade de 31.963,53 euros a José Antonio Blanco Louro, 27.316,16 euros a José Antonio Pardo Garabato, 27.261,77 euros a Amancio Castro Candal e 18.118,47 euros a José Luis López Pardo, así como aboarlles en concepto de salarios de tramitación a cantidade de 5.048,92 euros ó Sr. Pardo Garabato, 5.048,92 euros ó Sr. Castro Candal e 4.761,55 euros ó Sr. López Pardo.

Notifíqueselle-la presente resolución ás partes facéndolles saber que contra ela cabe interpoñer recurso de suplicación perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, Sala do Social, debendo anuncialo previamente ante este xulgado do social, no prazo de cinco días hábiles a partir do día seguinte da súa notificación.

Prevese a empresa demandada de que para recorrer deberá acreditar ter ingresado na c/c de consignacións código 5604.0000.60.0897.03 de Banesto (0030) desta cidade, denominada Conta do Xulgado do Social Número Tres, o importe da condena e 150,25 euros en concepto de depósito, sen estes requisitos non será admitido a trámite o recurso, quendado firme a sentencia.

Así mesmo, advírteselle á parte demandada que se fai uso de tal dereito, optando pola readmisión, durante a substanciación do procedemento deberá aboar á parte actora o mesmo salario que percibiría, estando obrigada esta a presta-los seus servicios á demandada, a non ser que a prefira facer uso de tal aboamento sen percibir compensación ningunha por parte da actora.

Así, por esta miña sentencia da que se unirá certificación ós autos orixinais para a súa notificación e cumprimento, xulgando, pronúncioo, mándoo e asínoo.

E para que conste, para efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia co fin de que lle sirva de notificación en forma á empresa Construcciones Fergama, S.L., expido e asino esta cédula na Coruña o 28 de outubro de 2003.

Juan Rey Pita

Rubricado