Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 229 Martes, 25 de novembro de 2003 Páx. 14.533

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DO SOCIAL NÚMERO CATRO DA CORUÑA

CÉDULA de notificación de sentencia (895/2002).

Ana María Carrasco García, secretaria do Xulgado do Social número catro da Coruña, dou fe e certifico que neste xulgado se seguen autos número 895/2002 por instancia de Mercedes Pailos Castro, contra Jorge Antonio Fernández Leiro, sobre cantidade, nos que se dictou sentencia no día 16-10-2003 que, copiada nos particulares necesarios, di así:

«Decido que estimando a demanda promovida por Mercedes Pailos Castro contra a empresa Jorge Antonio Fernández Leiro, debo condenar e condeno a demandada a lle aboar á demandante a cantidade de 795,34 euros por tódolos conceptos reclamados na demanda.

Notifíquese esta resolución ás partes e fágaselles saber que contra ela non cabe recurso ningún.

Así, por esta miña sentencia, xulgando en primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

Notifíquese esta resolución ás partes e fágaselles saber que contra ela cabe recurso de suplicación, que se anunciará dentro dos cinco días seguintes á notificación da sentencia, perante este xulgado, do que coñecerá, se for o caso, a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, tal como establecen os artigos 188 e ss. do texto refundido da Lei de procedemento laboral aprobado polo Real decreto lexislativo 2/1995, do 7 de abril.

Así, por esta miña sentencia, xulgando definitivamente en primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo.

E para que conste, para efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia co fin de que sirva de notificación en forma á empresa Jorge Antonio Fernández Leiro, expido e asino esta cédula na Coruña o dezaseis de outubro de dous mil tres.

A secretaria xudicial

Rubricado