Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 229 Martes, 25 de novembro de 2003 Páx. 14.532

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DO SOCIAL NÚMERO DOUS DA CORUÑA

CÉDULA de notificación de sentencia (734/2003).

Eu, Jaime Balado Yáñez, secretario xudicial do Xulgado do Social número dous da Coruña,

Dou fe e testemuño de que en autos seguidos perante este xulgado do social, tramitados baixo o número 734/2003, por instancia de Mª Rosa Otero Gallego contra a empresa Grupo de Empresas Edek, S.L. e Fogasa sobre salarios, se dictou a seguinte:

«Sentencia.

Na cidade da Coruña o 28 de outubro de 2003.

Jorge Hay Alba, maxistrado-xuíz do Xulgado do Social número dous desta cidade, viu os presentes autos de xuízo número 734/2003, seguidos por instancia de Mª Rosa Otero Gallego, maior de idade, asistida polo letrado Mario Páez Álvarez, contra a empresa Grupo de Empresas Edek, S.L., que non compareceu nos autos; e o Fogasa, representado e asistido polo letrado Javier Morado Díaz, sendo o obxeto da reclamación, salarios.

Seguen feitos e fundamentos de dereito.

Decido que debo estimar e estimo parcialmente a demanda interposta por Mª Rosa Otero Gallego contra a empresa Grupo de Empresas Edek, S.L., condenando a demandada a lle abonar á demandante a cantidade de 1.963,95 euros polos conceptos reclamados na demanda, con absolución do Fogasa, sen prexuízo da súa responsabilidade subsidiaria en caso de insolvencia empresarial.

Notifíqueselles esta resolución ás partes, ás que se lles fará saber que contra ela só cabe recurso de suplicación ante o Tribunal de Xustiza de Galicia, anunciándose ante este xulgado no prazo de cinco días contado a partir da notificación desta sentencia e, no propio termo, se o recorrente non goza do beneficio da xustiza gratuíta deberá, ó anuncialo, entrega-lo xustificante acreditativo de consignación da cantidade obxecto da condena na conta de depósitos e consignacións que este xulgado ten aberta no Banesto desta cidade, co número de conta 0030-6349-0000-5603, clave 60, facendo constar no ingreso o número do expediente.

E, así mesmo, deberá, no momento de interpo-lo recurso, consigna-la cantidade de 150,25 euros en concepto de depósito na clave 65 da citada conta e expediente.

Así por esta miña sentencia, definitivamente xulgando en primeira instancia, pronúncio, mándoo e asínoo».

E para que sirva de notificación á empresa, que ten o seu enderezo descoñecido, mediante a súa publicación no Diario Oficial de Galicia, expido e asino esta cédula de notificación na Coruña o 28 de outubro de 2003.

O secretario xudicial

Rubricado