Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 229 Martes, 25 de novembro de 2003 Páx. 14.532

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DO SOCIAL NÚMERO DOUS DA CORUÑA

CÉDULA de notificación de sentencia (259/2003).

Eu, Jaime Balado Yáñez, secretario xudicial do Xulgado do Social número dous da Coruña,

Dou fe e testemuño de que en autos seguidos perante este xulgado do social, tramitados baixo o número 259/2003, por instancia de José Mosquera Nouche contra la empresa Abruñedo y Fernández, S.L. e Fogasa sobre salarios, se dictou a seguinte:

«Sentencia.

Na cidade da Coruña, o 24 de outubro de 2003.

Jorge Hay Alba, maxistrado-xuíz do Xulgado do Social número dous desta cidade, viu os presentes autos de xuízo número 259/2003, seguidos por instancia de José Mosquera Nouche, maior de idade, asistido polo letrado Manuel Rey Alvela, contra a empresa Abruñedo y Fernández, S.L., que non compareceu nos autos, sendo o obxecto da reclamación, salarios.

Seguen feitos e fundamentos de dereito.

Decido que debo estimar e estimo a demanda interposta por José Mosquera Nouche contra a empresa Abruñedo y Fernández, S.L, condenando a demandada a lle abonar ó demandante a cantidade de 7.033,43 euros polos conceptos reclamados na demanda.

Notifíqueselles esta resolución ás partes, ás que se lles fará saber que contra ela só cabe recurso de suplicación ante o Tribunal de Xustiza de Galicia, anunciándose ante este xulgado no prazo de cinco días contado a partir da notificación desta sentencia e, no propio termo, se o recorrente non goza do beneficio da xustiza gratuíta deberá, ó anuncialo, entrega-lo xustificante acreditativo de consignación da cantidade obxecto da condena na conta de depósitos e consignacións que este juzgado tiene aberta no Banesto desta cidade, co número de conta 0030-6349-0000-5603, clave 60, facendo constar no ingreso o número do expediente.

E, así mesmo, deberá, no momento de interpo-lo recurso, consigna-la cantidade de 150,25 euros en concepto de depósito na clave 65 da citada conta e expediente.

Así, por esta a miña sentencia, definitivamente xulgando en primeira instancia, pronúncio, mándoo e asino».

E para que sirva de notificación á empresa, que ten o seu enderezo descoñecido, mediante a súa publicación no Diario Oficial de Galicia, expido e asino esta cédula de notificación na Coruña o 24 de octubre de 2003.

O secretario xudicial

Rubricado