Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 229 Martes, 25 de novembro de 2003 Páx. 14.531

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO CINCO DE OURENSE

CÉDULA de requirimento (91/2002).

Por telo acordado así nos autos de execución hipotecaria, que co número 91/2002 se seguen neste tribunal por instancia de Tecnopet, S.A., contra Agua de Sousa, S.A., e en auto do día da data, acordouse requirir de pagamento, polo prazo de trinta días, para facer efectiva a cantidade de 83.203.997 ptas. (500.066,09 euros), importe correspondente ó principal do crédito que se executa, ós seus xuros devengados e ás custas, baixo apercibimento de proceder á realización do ben hipotecado.

Unha máquina sopradora de formas, marca Sidel, modelo SB06/10, número 382.

Dous compresores marca ABC, modelo 4HAH-TER-LT.

E para que lle sirva de requirimento de pagamento en forma a Agua de Sousa, S.A., para a súa fixación no taboleiro de anuncios deste xulgado, e para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia, respectivamente, expídese esta cédula en Ourense o un de outubro de dous mil tres.

O/A secretario/a xudicial

Rubricado