Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 229 Martes, 25 de novembro de 2003 Páx. 14.531

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

UNIVERSIDADE DE VIGO

RESOLUCIÓN do 4 de novembro de 2003 pola que se nomea catedrático de universidade da área de coñecemento de enxeñería de sistemas e automática, do departamento de Enxeñería de Sistemas e Automática, a Rafael Antonio Sanz Domínguez (praza 134/2001).

Consonte coa proposta formulada pola comisión nomeada para xulga-lo concurso da praza nº 134/2001, convocado por resolución desta univer

sidade do 20 de novembro de 2001 (BOE do 14 de decembro) e unha vez acreditado polo concursante proposto que reúne os requisitos do punto 2º do artigo 5 do Real decreto 1888/1984, do 26 de setembro,

Este rectorado, en uso das atribucións conferidas polo artigo 42 da Lei 11/1983, do 25 de agosto, de reforma universitaria, e demais disposicións que a desenvolven, resolveu nomear a Rafael Antonio Sanz Domínguez, con documento nacional de identidade número 27908128-C, catedrático de universidade da área de coñecemento de enxeñería de sistemas e automática, adscrita ó departamento de Enxeñería de Sistemas e Automática.

Este nomeamento producirá plenos efectos a partir da correspondente toma de posesión pola interesado, que deberá efectuarse no prazo máximo dun mes, contado desde o día seguinte ó da publicación desta resolución no Boletín Oficial del Estado.

Contra esta resolución que esgota a vía administrativa poderase interpoñer recurso ante a xurisdicción contencioso-administrativa, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ó da súa publicación no Boletín Oficial del Estado, de conformidade co disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa. Potestativamente, poderase interpor recurso de reposición ante o rector, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da publicación no Boletín Oficial del Estado, de acordo co disposto na Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, modificadora da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Vigo, 4 de novembro de 2003.

Domingo Docampo Amoedo

Rector da Universidade de Vigo

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO CINCO

DE OURENSE