Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 229 Martes, 25 de novembro de 2003 Páx. 14.518

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE POLÍTICA AGROALIMENTARIA E DESENVOLVEMENTO RURAL

ORDE do 5 de novembro de 2003 pola que se declara a alienabilidade de dous predios da Comunidade Autónoma de Galicia pertencentes ó fondo de terras da zona de concentración parcelaria de Abegondo-Mabegondo-Cabanas-Cerneda-Viós, concello de Abegondo.

O artigo 31.3º da Lei 12/2001, do 10 de setembro, de modificación da de concentración parcelaria para Galicia, sinala que a consellería competente en materia de agricultura está autorizada a exerce-las funcións dominicais sobre o fondo de terras segundo o establecido na lexislación patrimonial, sen prexuízo do informe previo da Consellería de Economía e Facenda para os actos de disposición sobre bens inmobles.

Con data do 30 de maio de 2000, o Concello de Abegondo solicitou a cesión gratuíta en propiedade dos predios nº 1797 e 2037 da zona de concentración parcelaria que pertence á Comunidade Autónoma de Galicia en virtude da acta complementaria de reorganización da propiedade da zona de concentración parcelaria de Abegondo-Mabegondo-Cabanas-Cerneda-Viós con data do 25 de xaneiro de 2001, pola que pasaron á titularidade da Comunidade Autónoma de Galicia as terras sobrantes da antedita zona de concentración, entre a que se encontran os predios nº 1797 e 2037.

Unha vez obtida a inscrición no correspondente rexistro da propiedade do citado ben inmoble, procede declara-la súa alienabilidade de conformidade co disposto no artigo 24 da Lei 3/1985, do 12 de abril, do patrimonio da Comunidade Autónoma de Galicia, e no artigo 60 do Decreto 50/1989, do 9 de marzo, polo que se aproba o seu regulamento, co obxecto de posibilita-lo tráfico destes bens patrimoniais.

En virtude do anteriormente exposto e tendo en conta a memoria xustificativa da Secretaría Xeral da Consellería de Política Agroalimentaria e Desenvolvemento Rural e despois do informe favorable da Consellería de Economía e Facenda,

DISPOÑO:

Artigo único.-Declárase a alienabilidade dos bens inmobles que se describen:

-Predio nº 1797 da zona de concentración de Abegondo-Mabegondo-Cabanas-Cerneda-Viós, munici

pio de Abegondo, labradío e inculto no sitio de Gitia, que ten unha superficie de 4.000 m, que estrema: norte, Santiago Vieiro Fachal 1798-1-2); sur, Jesús Barros Botana (1795) e Francisco Barros Vázquez (1796); leste, Concello de Abegondo (1794); oeste, camiño. Inscrito no Rexistro da Propiedade de Betanzos no tomo 1.687, libro 220, folio 110, predio nº 22594.

-Predio nº 2037 da zona de concentración de Abegondo-Mabegondo-Cabanas-Cerneda-Viós, municipio de Abegondo, monte e inculto no sitio de Granxa, que ten unha superficie de 1.500 m, que estrema: norte, camiño que separa de José Meijide Amor (2038); sur, camiño; leste, zona excluída; oeste, camiño que separa de José Mª Etchevarría López (2036). Inscrito no Rexistro da Propiedade de Betanzos no tomo 1.687, libro 220, folio 116, predio nº 22600.

Santiago de Compostela, 5 de novembro de 2003.

Juan Miguel Diz Guedes

Conselleiro de Política Agroalimentaria

e Desenvolvemento Rural