Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 229 Martes, 25 de novembro de 2003 Páx. 14.518

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE POLÍTICA AGROALIMENTARIA E DESENVOLVEMENTO RURAL

ORDE do 5 de novembro de 2003 pola que se declara a alienabilidade dun predio da Comunidade Autónoma de Galicia pertencente ó fondo de terras da zona de concentración parcelaria de Oroso-Gándara-Deixebre-Trasmonte, concello de Oroso.

O artigo 31.3º da Lei 12/2001, do 10 de setembro, de modificación da de concentración parcelaria para Galicia, sinala que a consellería competente en materia de agricultura está autorizada a exerce-las funcións dominicais sobre o fondo de terras segundo o establecido na lexislación patrimonial, sen prexuízo do informe previo da Consellería de Economía e Facenda para os actos de disposición sobre bens inmobles.

Con data 10 de xullo de 2002, o Concello de Oroso solicitou a cesión gratuíta en propiedade do predio nº 2.880 da zona de concentración parcelaria que pertence á Comunidade Autónoma de Galicia en virtude da acta complementaria de reorganización da propiedade da zona de concentración parcelaria de Oroso-Gándara-Deixebre-Trasmonte do 29 de abril de 1997, pola que pasaron á titularidade da Comunidade Autónoma de Galicia as terras sobrantes da antedita zona de concentración, entre a que se encontra o predio nº 2.880.

Unha vez obtida a inscrición no correspondente rexistro da propiedade do citado ben inmoble, procede declara-la súa alienabilidade de conformidade co disposto no artigo 24 da Lei 3/1985 do 12 de abril, do patrimonio da Comunidade Autónoma de Galicia e no artigo 60 do Decreto 50/1989, do 9 de marzo, polo que se aproba o seu regulamento, co obxecto de posibilita-lo tráfico deste ben patrimonial.

En virtude do anteriormente exposto e tendo en conta a memoria xustificativa da Secretaría Xeral da Consellería de Política Agroalimentaria e Desenvolvemento Rural e despois do informe favorable da Consellería de Economía e Facenda,

DISPOÑO:

Artigo único.-Declárase a alienabilidade dos bens inmobles que se describen:

-Predio nº 2.880 da zona de concentración de Oroso-Gándara-Deixebre-Trasmonte, municipio de Oroso, terreo dedicado a toxal no sitio de Picho que ten unha superficie de 3.160 m, que estrema: norte, camiño; sur, Jesús Suárez Mosquera (2879), leste, Carmen Juncal Recarey e outro (2878); oeste, Anto

nio Barallobre Gómez (2881). Inscrito no Rexistro da Propiedade de Ordes no tomo 740, libro 114, folio 142, predio nº 12.248.

Santiago de Compostela, 5 de novembro de 2003.

Juan Miguel Diz Guedes

Conselleiro de Política Agroalimentaria

e Desenvolvemento Rural