Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 229 Martes, 25 de novembro de 2003 Páx. 14.519

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE POLÍTICA AGROALIMENTARIA E DESENVOLVEMENTO RURAL

ORDE do 5 de novembro de 2003 pola que se declara a alienabilidade dun predio da Comunidade Autónoma de Galicia pertencente ó fondo de terras da zona de concentración parcelaria de Lousame, concello de Lousame.

O artigo 31.3º da Lei 12/2001, do 10 de setembro, de modificación da de concentración parcelaria para Galicia, sinala que a consellería competente en materia de agricultura está autorizada a exerce-las funcións dominicais sobre o fondo de terras segundo o establecido na lexislación patrimonial, sen prexuízo do informe previo da Consellería de Economía e Facenda para os actos de disposición sobre bens inmobles.

Con data do 30 de xaneiro de 2003, o Concello de Lousame solicitou a cesión gratuíta en propiedade do predio nº 1478 da zona de concentración parcelaria que pertence á Comunidade Autónoma de Galicia en virtude da acta complementaria de reorganización da propiedade da zona de concentración parcelaria de Lousame con data do 16 de abril de 2001, pola que pasaron á titularidade da Comunidade Autónoma de Galicia as terras sobrantes da antedita zona de concentración, entre a que se encontra o predio nº 1478.

Unha vez obtida a inscrición no correspondente rexistro da propiedade do citado ben inmoble, procede declara-la súa alienabilidade de conformidade co disposto no artigo 24 da Lei 3/1985, do 12 de

abril, do patrimonio da Comunidade Autónoma de Galicia, e no artigo 60 do Decreto 50/1989, do 9 de marzo, polo que se aproba o seu regulamento, co obxecto de posibilita-lo tráfico deste ben patrimonial.

En virtude do anteriormente exposto e tendo en conta a memoria xustificativa da Secretaría Xeral da Consellería de Política Agroalimentaria e Desenvolvemento Rural e despois do informe favorable da Consellería de Economía e Facenda,

DISPOÑO:

Artigo único.-Declárase a alienabilidade dos bens inmobles que se describen:

-Predio nº 1.478 da zona de concentración de Lousame, municipio de Lousame, terreo dedicado a labradío e monte no sitio de Campo de Agra que estrema: norte con Teresa Blanco Filgueira (1477); sur con estrada do Confurco e terreo excluído; leste, Manuel Blanco Filgueira (1479) e terreo excluído; oeste, José Maroñas Martínez (1476), Arturo Abeijón Santiago (1468-1) e terreo excluído. Inscrito no Rexistro da Propiedade de Noia no tomo 1.032, libro 123, folio 175, predio nº 12174.

Santiago de Compostela, 5 de novembro de 2003.

Juan Miguel Diz Guedes

Conselleiro de Política Agroalimentaria

e Desenvolvemento Rural