Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 229 Martes, 25 de novembro de 2003 Páx. 14.519

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE ASUNTOS SOCIAIS, EMPREGO E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 3 de novembro de 2003, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se dispón o rexistro, o depósito e a publicación, no Diario Oficial de Galicia, da revisión salarial para o ano 2003 do convenio colectivo do sector de oficinas e despachos.

Vista a acta da revisión salarial para o ano 2003 do convenio colectivo do sector de oficinas e despachos, con nº de código 3601005, que tivo entrada nesta delegación provincial o día 17-10-2003, subscrita pola comisión negociadora do convenio colectivo en data 14-10-2003, de conformidade co disposto nos artigos 6º e 13º do convenio colectivo e no artigo 90.2º e 3º, do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo, e Real decreto 2412/1982, do 24 de xullo, sobre tras

paso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia, en materia de traballo, esta delegación provincial

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la súa inscrición no libro de rexistro de convenios colectivos de traballo existente nesta delegación provincial, e a notificación ás representacións económica e social da comisión negociadora.

Segundo.-Ordena-lo seu depósito no Servicio de Relacións Laborais, Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación.

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Vigo, 3 de novembro de 2003.

Joaquín Macías Sánchez

Delegado provincial de Pontevedra

Convenio colectivo do sector de oficinas e despachos da provincia de Pontevedra

Asistentes:

CIG:

Josefa Romero Álvarez

Arturo Bermúdez Ferreira

Chelo Lago Mariño

CC.OO.:

Enrique Iglesias Crespo

Juana Estébanez Cepedal

UGT:

Rosa María Acuña Salgado

Representación empresarial:

Manuel Blázquez Pallarés

Manuel Suárez Vázquez

Camilo Castro Silva

Secretaria de actas:

Marta Iglesias Pereira

En Vigo, nos locais da Confederación de Empresarios de Pontevedra, sendo as 10.35 horas do día catorce de outubro de dous mil tres, renúnese a comisión deliberadora do convenio colectivo do sector de oficinas e despachos da provincia de Pontevedra, para os efectos de proceder á revisión salarial dese convenio.

As partes deciden asina-la táboa salarial para 2003, aplicándolle o IPC real do ano precedente, que foi do 4%.

Sendo de conformidade das partes a táboa salarial anexa, procederase á sinatura por parte de tódolos asistentes.

E non habendo máis asuntos que tratar, levántase a sesión ás 11.00 horas do día enriba indicado.

Táboa salarial 2003 de oficinas e despachos

Categorías

Salario base

euros

Remun. anual

euros

16 pagas

Grupo I. Titulados
Titulado de grao superior860,7213.771,60
Titulado de grao medio777,0612.432,91

Grupo II. Administrativos
Xefe superior777,0612.432,91
Xefe de primeira 1ª766,1412.258,19
Xefe de segunda 2ª, caixeiro con sinatura, xefe de reporteiros, traductor e intérprete xurado de máis dun idioma741,4111.862,49
Oficial de 1ª, caixeiro sen sinatura, intérprete xurado dun idioma, operador de máquinas contables, taquimecanógrafo, telefonista e recepcionista con máis de dous idiomas, inspector de zona682,4810.919,67
Oficial de 2ª, telefonista e recepcionista cun idioma, reporteiro de axencia de información, traductor e intérprete non xurado, xefe de visitadores648,2810.372,54
Auxiliar con antigüidade superior a tres anos587,899.406,26
Auxiliar, telefonista, visitador, cobrador, pagador563,159.010,39
Aspirante462,967.407,30

Grupo III. Técnicos de oficina
Xefe superior777,0612.432,91
Xefe de 1ª, xefe de equipo de informática, analista, programador de ordenadores766,1412.258,19
Xefe de 2ª, xefe de delineación, xefe de explotación, programador de máquinas auxiliares, administrador de test, coordinador de tratamento de cuestionarios741,4111.862,49
Xefe de equipo de enquisas, coordinador de estudios730,5011.687,94
Delineante proxectista688,2911.012,68
Debuxante proxectista, controlador, operador de ordenadores682,4810.919,67
Delineante648,2810.372,54

Grupo IV. Especialistas de oficina
Xefe de máquinas básicas741,4111.862,49
Operador de tabuladores, inspector de entrevistadores, encargado dpto. de reprografía682,4810.919,67
Operador de máquinas básicas, debuxante, entrevistador-enquisador648,2810.372,54
Calcador, perforista, verificador, clasificador599,539.592,46
Auxiliar563,159.010,39
Aspirante462,967.407,30

Grupo V. Subalternos
Conserxe maior599,539.592,46
Conserxe575,539.208,41
Ordenanza, vixilante563,159.010,39
Botóns de 17 anos462,967.407,30
Botóns de 16 anos462,967.407,30

Grupo VI. Oficios varios
Encargado almaceneiro648,2810.372,54
Oficial 1ª, conductor 1ª624,279.988,33
Oficial 2ª, conductor 2ª599,539.592,46
Axudante, operador reproductor de planos, operador multicopista e xerocopista575,539.208,41
Peón, mozo, persoal de limpeza xornada completa563,159.010,39