Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 228 Luns, 24 de novembro de 2003 Páx. 14.482

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DO SOCIAL NÚMERO UN DE LUGO

EDICTO (519/2003).

Eu, Rafael González Alió, secretario do Xulgado do Social numero un dos de Lugo, dou fe e testemuño de nos autos de xuízo número 519/2003, seguidos por instancia de Manuel Pajares García contra a empresa Lucense de Cartones, S.L. e outro sobre cantidade, se dictou a sentencia co encabezamento e a parte dispositiva que din:

«Sentencia.-En Lugo, o vintedous de outubro do ano dous mil tres.-Vistos por Fernando López-Gui

tián Castro, maxistrado-xuíz substituto do Xulgado do Social número uno dos de Lugo, estes autos de xuízo verbal nº 519/2003 sobre reclamación por cantidade, no que son partes, como demandante, Manuel Pajares García, representado polo graduado social Rafael Vila Pereiro, e como parte demandada a empresa Lucense de Cartones, S.L. e o Fondo de Garantía Salarial (Fogasa), os cales non compareceron malia estaren citados en legal forma.

Resolvo que, estimando a demanda interposta por Manuel Pajares García contra a empresa Lucense de Cartones, S.L., debo condenar y condeno a demandada a que lle aboe á demandante a cantidade de setecientos corenta e dous euros con cincuenta e un céntimos de euro (742,51 euros), que deberá incrementar no 10% de xuro por mora conforme o artigo 29 do ET, desde a data en que se expediu a liquidación (29-3-2003).

Absólvese o Fondo de Garantía Salarial (Fogasa), sen prexuízo da ulterior responsabilidade que lle puidese corresponder, no caso de resultar insolvente a empresa demandada condenada. Notifíqueselles esta sentencia ás partes, coa advertencia de que contra ela non cabe ningún recurso, polo que se declara a súa firmeza (ex. artigos 189.1º TRLPL, 100 da LPL e 248.4º LOPX). Así, por esta miña sentencia definitiva, pronúncioo, mándoo e asínoo. Fernando López-Guitián Castro. Rubricado. Publicación. Lida e publicada foi a anterior sentencia polo maxistrado que a subscribe, que estaba celebrando audiencia pública no día da súa data, do que eu, secretario, certifico. Rafael González Alió. Rubricado.»

Concorda ben e fielmente co orixinal, e para que lle sirva de notificación en forma á empresa Lucense de Cartones, S.L., en ignorado paradoiro, expido e asino este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia. Lugo, vintedous de outubro de dous mil tres.

O secretario

Rubricado

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA, RELACIÓNS INSTITUCIONAIS

E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA