Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 228 Luns, 24 de novembro de 2003 Páx. 14.483

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA, RELACIÓNS INSTITUCIONAIS E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 12 de novembro de 2003, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se emprazan os interesados no recurso contencioso-administrativo 0000615/2003, interposto por José Ramón Pensado Silva.

A Dirección Xeral da Función Público recibiu da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal

Superior de Xustiza de Galicia, providencia pola que se admite a trámite o recurso contencioso-administrativo número 0000615/2003 interposto por José Ramón Pensado Silva, contra a resolución da Consellería da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública do 12 de xuño de 2003, pola que se desestima o recurso de alzada contra a Resolución do 21 de marzo de 2003, do tribunal designado para cualifica-lo proceso selectivo para o ingreso no corpo de xestión da Administración da Xunta de Galicia (grupo B), escala técnica de inspección turística, polo que se ordena a publicación do Acordo do 21 de marzo de 2003 relativo á publicación da puntuacións asignadas ós participantes no cuarto exercicio da fase de oposición do proceso selectivo.

En consecuencia, esta dirección xeral acordou nesta data e de conformidade co disposto no artigo 49 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa, a remisión do correspondente expediente administrativo á referida sala, o que se notifica para xeral coñecemento de tódalas persoas interesadas no procedemento e se emprazan para que poidan comparecer como parte nos autos na Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de 9 (nove) días, contados desde o seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 12 de novembro de 2003.

Belén Prado Sanjurjo

Directora xeral da Función Pública