Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 228 Luns, 24 de novembro de 2003 Páx. 14.483

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA

RESOLUCIÓN do 4 de novembro de 2003, da Secretaría Xeral e do Patrimonio da Consellería de Economía e Facenda, pola que se anuncia a adxudicación do concurso público, polo procedemento aberto, tramitación ordinaria, para a contratación das obras de reforma do local situado no número 10 da rúa Arcebispo Lago, da Coruña, para sede da asesoría xurídica.

A Consellería de Economía e Facenda anuncia a adxudicación do concurso público polo procedemento aberto e tramitación ordinaria, para a contratación das obras de reforma do local situado no nº 10 da rúa Arcebispo Lago, da Coruña, para sede da asesoría xurídica:

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Consellería de Economía e Facenda.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral e do Patrimonio.

c) Nº de expediente: 27/2003.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo de contrato: obras.

b) Descrición do obxecto: contratación das obras de reforma do local situado no nº 10 da rúa Arcebispo Lago, da Coruña, para sede da asesoría xurídica.

c) Lugar de execución: rúa Arcebispo Lago, número 10, A Coruña.

d) Prazo de execución: dous meses e medio.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma de adxudicación: concurso público.

4. Orzamento base de licitación.

Importe total: douscentos corenta e seis mil oitocentos vintecinco euros con cincuenta céntimos, IVE incluído (246.825,50 A).

5. Adxudicación.

a) Data: 3 de outubro de 2003.

b) Contratista: Construcciones Abal, S.A.

c) Nacionalidade: española.

d) Importe da adxudicación: douscentos vintenove mil trescentos noventa euros (229.390 A), IVE incluído.

Santiago de Compostela, 4 de novembro de 2003.

Emilio Álvarez Rey

Secretario xeral e do Patrimonio da Consellería

de Economía e Facenda