Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 228 Luns, 24 de novembro de 2003 Páx. 14.484

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA

ANUNCIO do 27 de outubro de 2003, do recadador de zona de Vigo, polo que se relacionan procedementos de constrinximento pendentes de notificar e se emprazan os interesados que se sinalan (Bahamonde Rodríguez, María Luz e outro máis).

De conformidade co disposto no artigo 105 da Lei 230/1963, do 28 de decembro, xeral tributaria, modificado polo artigo 28 da Lei 66/1997, do 30 de decembro, de medidas fiscais, administrativas e de orde social, relaciónanse procedementos de constrinximento pendentes de notificar, despois de tentada a notificación persoal por dúas veces e emprázase o interesado, ou o seu representante, para ser notificado por comparecencia.

A comparecencia deberá efectuarse ante o órgano de recadación (Zona de Recadación de Vigo, r/ Areal nº 62, local 3) no prazo de dez días contados desde o seguinte ó da publicación deste anuncio.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia a notificación entenderase producida desde o día seguinte ó do vencemento de prazo sinalado para comparecer.

Vigo, 27 de outubro de 2003.

Javier Sánchez García

Recadador de zona de Vigo

ANEXO

Debedora: Bahamonde Rodríguez María Luz.

NIF: 36059940B.

Data dilixencia: 24-9-2003.

Descrición: providencia de poxa.

Debedor: Portoalegre Land's S.L.

NIF: B36757151.

Data dilixencia: 23-9-2003.

Descrición: providencia de poxa.

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS

E VIVENDA