Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 228 Luns, 24 de novembro de 2003 Páx. 14.484

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

RESOLUCIÓN do 12 de novembro de 2003, do Servicio Provincial de Estradas da Coruña, pola que se sinala a data para o levantamento de actas previas á ocupación dos bens afectados polas obras de enlace da Cidade da Cultura de Galicia coa autoestrada A-9 en Santiago de Compostela, clave AC/03/106.01, termo municipal de Santiago de Compostela.

O artigo 28 do vixente Estatuto de autonomía de Galicia establece no seu punto 2º a competencia da Comunidade Autónoma galega no desenvolvemento lexislativo e a execución da lexislación do Estado en materia de expropiación forzosa.

As obras citadas no encabezamento da presente resolución atópanse incluídas no programa de obras que se realizarán con cargo ó programa 413-B construcción, conservación e explotación de estradas.

Con data do 22 de xullo do 2003 o director xeral de Obras Públicas, por delegación do conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda aprobou o proxecto de trazado das obras AC/03/106.01 Enlace da Cidade da Cultura de Galicia coa autoestrada A-9 en Santiago de Compostela.

Con data do 24 de xullo de 2003 a Xunta de Galicia procedeu a declara-la utilidade pública e urxente a ocupación dos bens e dereitos necesarios para efectos de expropiación para a mencionada obra por Decreto 336/2003, publicado no DOG nº 152, do do 7 de agosto.

Na súa virtude e en cumprimento do disposto nos artigos 52 da vixente Lei de expropiación forzosa do 16 de decembro de 1954 e 56 e seguintes do

regulamento para a súa aplicación, este servicio, en uso das facultades que lle confire o artigo 98 da mencionada lei, resolveu convoca-los titulares de bens e dereitos afectados que figuran na relación exposta no taboleiro de anuncios do Concello de Santiago, para que comparezcan nos lugares, datas e horas que se detallan a continuación co fin de proceder ó levantamento das actas previas á ocupación nas que se recollerán os datos necesarios para determina-los dereitos afectados, o valor destes e os prexuízos determinantes da rápida ocupación, sen prexuízo de se trasladaren ó lugar dos predios se se considera necesario.

Local: Asociación de Veciños de Viso.

Día: 18 de decembro de 2003 de 10.30 a 13.30 horas.

De Antelo Mourullo, José ata González Quintas, Asunción.

Día 19 de decembro de 2003 de 10.30 a 13.30 horas.

De González Sayar, Antonio ata Vilar Montero, Antonio.

A relación de titulares cos bens e dereitos afectados, así como o plano parcelario correspondente estarán expostos no Concello de Santiago de Compostela e no Servicio Provincial de Estradas da Coruña (praza Luis Seoane, s/n 8ª planta. 15071 A Coruña).

Ó dito acto deberán acudi-los titulares afectados persoalmente ou ben representados pola persoa debidamente autorizada para actuar no seu nome, presentando os documentos acreditativos da súa titularidade, DNI e o último recibo da contribución podendo facerse acompañar pola súa conta, se o estiman oportuno, dos seus peritos e notario.

Así mesmo e no cumprimento do establecido no artigo 56 do Regulamento da Lei de expropiación forzosa ábrese información pública durante un prazo de 15 días hábiles, contados a partir do seguinte ó da publicación da presente resolución e ata o momento do levantamento da acta previa correspondente, co fin de que os interesados poidan formular por escrito, ante este Servicio Provincial de Estradas da Coruña, praza Luis Seoane s/n, 8ª planta, as alegacións que estimen pertinentes con obxecto de enmendar posibles erros padecidos ó relaciona-los bens afectados pola urxente ocupación.

A Coruña, 12 de novembro de 2003.

José Luis Rodríguez Alonso

Enxeñeiro xefe do Servicio Provincial de Estradas

da Coruña