Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 228 Luns, 24 de novembro de 2003 Páx. 14.485

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

RESOLUCIÓN do 19 de novembro de 2003 pola que se anuncia a licitación do concurso, polo procedemento aberto, das asistencias técnicas de clave AC/01/001.02.2 e outra.

a) Asistencias técnicas.

1. Asistencia técnica para control e vixilancia, incluído a de coordinador de seguridade e saúde da obra: Plan Galicia: acondicionamento da estrada C-545 Santa Comba-Baio. Treito: Zas-Baio.

Clave: AC/01/001.01.2.

Orzamento: cento catro mil corenta euros con setenta e cinco céntimos (104.040,75 euros).

Prazo de execución: 30 meses.

2. Asistencia técnica para control e vixilancia, incluído a de coordinador de seguridade e saúde da obra: acondicionamento da estrada C-533. Treito: Freixido-A Rúa.

Clave: OU/01/006.01.

Orzamento: cento sete mil cento dezaseis euros con vinteoito céntimos (107.116,28 euros).

Prazo de execución: 30 meses.

Solicitaranse os medios de acreditación da personalidade xurídica e capacidade previstos no artigo 15 do texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas.

A solvencia económica e financeira e a solvencia técnica ou profesional acreditarase segundo se especifica no cadro de características do prego de prescricións técnicas particulares, de conformidade co disposto nos artigos 16 e 19 do Real decreto lexislativo 2/2000, do 16 de xuño, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas.

b) Documentos de interese para os licitadores.

Os pregos de cláusulas administrativas particulares, así como o prego de prescricións técnicas estarán de manifesto e á disposición dos concursantes, para o seu exame, durante o prazo de presentación das proposicións, os días e horas hábiles de oficina, na Dirección Xeral de Obras Públicas da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, Edificios Administrativos de San Caetano, Santiago de Compostela. Teléfono 981 54 50 45.

Tamén se poderán obte-los pregos relativos a esta contratación no seguinte enderezo da Internet: http://www.xunta.es/contratacion/.

E en Copy Nino, rúa Xeneral Pardiñas nº 2. Teléfono 981 58 89 38.

c) Garantías que se lles esixen ós licitadores.

Esixirase unha garantía definitiva equivalente ó 4% do orzamento de adxudicación.

Esta garantía poderá ser presentada na modalidade e polas persoas ou entidades que especifica a lexislación española vixente.

d) Modelo de proposición.

Proposición económica formulada estrictamente conforme o modelo que se xunta ó prego de cláusulas administrativas particulares.

e) Prazo e lugar para a presentación de proposicións.

As proposicións haberán de presentarse en sobre pechado no Rexistro Xeral da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda ou envialas por correo dentro do prazo de admisión sinalado conforme o disposto no art. 80 do Real decreto 1098/2001, do 12 de outubro, polo que se aproba o Regulamento xeral da Lei de contratos das administracións públicas.

O prazo de admisión das proposicións rematará ás doce horas do décimo quinto día natural, que non coincida en sábado, domingo ou festivo, seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

f) Apertura das proposicións.

A apertura das proposicións será realizada pola mesa de contratación ás once horas do décimo día natural, que non coincida en sábado, domingo ou festivo, contado a partir do último día de presentación de proposicións, na sala de xuntas da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda.

O prazo durante o cal o licitador está obrigado a mante-la súa oferta é de 3 meses desde a apertura das proposicións.

g) Outras informacións.

A mesa de contratación comprobará en acto previo a documentación xeral (sobre A), segundo se especifica no punto 2.2.6 Constitución e funcionamento da mesa, do prego de cláusulas administrativas particulares.

h) Variantes: segundo o especificado no cadro de características do prego de prescricións técnicas.

i) Documentos que deben presenta-los licitadores.

Os que figuran no prego de cláusulas administrativas particulares.

O importe deste anuncio será por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 19 de novembro de 2003.

P.D. (Orde 6-3-2003, DOG do 12 de marzo)

José Antonio Fernández Vázquez

Secretario xeral da Consellería de Política

Territorial, Obras Públicas e Vivenda