Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 228 Luns, 24 de novembro de 2003 Páx. 14.482

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

AUDIENCIA PROVINCIAL DA CORUÑA (SECCIÓN TERCEIRA)

EDICTO (2006/2002-L).

Eu, Isabel Freire Corzo, secretaria da Sección Terceira da Audiencia Provincial, certifico que neste recurso 2006/2002 se dictou sentencia, co encabezamento e a parte dispositiva do teor literal seguinte:

«Sentencia.-Audiencia Provincial, Sección Terceira.

Maxistrados: Juan Ángel Rodríguez Cardama, Juan Luis Pía Iglesias e Rafael Jesús Fernández-Porto García.

Na Coruña o seis de maio de dous mil tres.

Vistos pola Sección Terceira desta Audiencia Provincial, constituída polos señores que se expresan á marxe, estes autos de xuízo verbal número 82/2002, que ante ela penden en grao de apelación, procedentes do Xulgado de Primeira Instancia número nove da Coruña, nos que é parte, como apelante, Catalana Occidente, S.A. de Seguros y Reaseguros, representado/a polo procurador Sr. Tedín Noya e baixo a dirección do letrado Sr. Estévez Sánchez; e doutra, como apelados, José López Pereira, representado polo procurador Sr. Cortiñas Fariña e baixo a dirección do letrado Sr. Fenollera García, e o Consorcio de Compensación de Seguros, baixo a dirección do avogado de Estado; en situación procesual de rebeldía, Eladio Borja Vargas; os autos versan sobre reclamación de cantidade por danos en tráfico.

Resolvemos que, desestimando o recurso de apelación interposto por Catalana Occidente, S.A. de Seguros y Reaseguros contra a sentencia con data do 30 de abril de 2002, debemos confirmar e confirmámo-la dita sentencia, debendo cada parte aboa-las custas causadas na súa instancia e as comúns por metade, en canto ás ocasionadas neste recurso.

Así, por esta nosa sentencia, pronunciámolo, mandámolo e asinámolo».

E para que conste e se publique no Diario Oficial de Galicia e lle sirva de notificación ó demandado rebelde, Eladio Borja Vargas, expídese e asínase este edicto na Coruña o vinteoito de maio de dous mil tres.

A secretaria

Rubricado