Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 228 Luns, 24 de novembro de 2003 Páx. 14.462

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE POLÍTICA AGROALIMENTARIA E DESENVOLVEMENTO RURAL

ORDE do 5 de novembro de 2003 pola que se declara a alienabilidade de catro predios da Comunidade Autónoma de Galicia pertencentes ó fondo de terras da zona de concentración parcelaria de Santa Baia de Oroso-A Gándara-Deixebre-Trasmonte, concello de Oroso.

O artigo 31.3º, da Lei 12/2001, do 10 de setembro, de modificación da de concentración parcelaria para Galicia, sinala que a consellería competente en materia de agricultura está autorizada a exerce-las funcións dominicais sobre o fondo de terras segundo o establecido na lexislación patrimonial, sen prexuízo do informe previo da Consellería de Economía e Facenda para os actos de disposición sobre bens inmobles.

Con data do 30 de decembro de 1997, o concello de Oroso solicitou a cesión gratuita en propiedade dos predios nº 541, 745, 926, 996, 1.176, 1.202, 1.575 e 2.589 da zona de concentración parcelaria que pertence á Comunidade Autónoma de Galicia en virtude da acta complementaria de reorganización da propiedade da zona de concentración parcelaria de Santa Baia de Oroso-A Gándara-Deixebre-Trasmonte do 29 de abril de 1997, pola que pasaron á titularidade da Comunidade Autónoma de Galicia as terras sobrantes da antedita zona de concentración, entre a que se encontran as solicitadas polo Concello de Oroso.

Unha vez obtida a inscrición no correspondente Rexistro da Propiedade dos citados bens inmobles, procede declarar a alienabilidade daqueles dos que consta o compromiso de destino por parte do concello (predios núm. 926, 1.176, 1.202 e 1.575), de conformidade co disposto no artigo 24 da Lei 3/1985, do 12 de abril, do patrimonio da Comunidade Autónoma de Galicia, e no artigo 60 do Decreto 50/1989,

do 9 de marzo, polo que se aproba o seu regulamento, co obxecto de posibilita-lo tráfico destes bens patrimoniais.

En virtude do anteriormente exposto e tendo en conta a memoria xustificativa da Secretaría Xeral da Consellería de Política Agroalimentaria e Desenvolvemento Rural e despois do informe favorable da Consellería de Economía e Facenda,

DISPOÑO:

Artigo único.-Declárase a alienabilidade dos bens inmobles que se describen:

-Predio nº 926 da zona de concentración de Oroso-A Gándara-Deixebre-Trasmonte, municipio de Oroso, toxal no sitio de Monte do Santo, que ten unha superficie de 3.640 m, que estrema: norte, Mª Pena Brea (923); sur, camiño; leste, Arcebispado de Santiago de Compostela (925); oeste, José Pedrouzo Costa (898-2). Inscrito no Rexistro da Propiedade de Ordes no tomo 740, libro 114, folio 35, predio nº 12.034.

-Predio nº 1.176 da zona de concentración de Oroso-A Gándara-Deixebre-Trasmonte, municipio de Oroso, labradío e toxal no sitio de Patelo que ten unha superficie de 16.720 m, que estrema: norte, Carmen Carballeiro Varela (1.173), José Dono Manteiga e outra (1.174), José Brea Dono (1.175), camiño; sur, Jesús Sande Couselo (1.182) e Fernando Cimadevila Álvarez (1.179); leste, José Brea Dono (1.175), Dolores Recarey Carballeiro (1.172) e Carmen Fernández Recarey (1.178); oeste, camiño. Inscrito no Rexistro da Propiedade de Ordes no tomo 740, libro 114, folio 52, predio nº 12.068.

-Predio nº 1.202 da zona de concentración de Oroso-A Gándara-Deixebre-Trasmonte, municipio de Oroso, labradío e toxal no sitio de Penela, que ten unha superficie de 4.220 m, que estrema: norte, camiño; sur, José Calviño Rivera (1.203); leste, Dolores García Raña (1.201); oeste, camiño. Inscrito no Rexistro da Propiedade de Ordes no tomo 740, libro 114, folio 53, predio nº 12.070.

-Predio nº 1.575 da zona de concentración de Oroso-A Gándara-Deixebre-Trasmonte, municipio de Oroso, toxal no sitio de Porto Chao, que ten unha superficie de 7.860 m, que estrema: norte, Nieves Viqueira Ferreiro (1.574); sur, Julio Barreiro Castro (1.576); leste, camiño; oeste, río Tambre. Inscrito no Rexistro da Propiedade de Ordes no tomo 740, libro 114, folio 72, predio nº 12.108.

Santiago de Compostela, 5 de novembro de 2003.

Juan Miguel Diz Guedes

Conselleiro de Política Agroalimentaria

e Desenvolvemento Rural

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E ADMINISTRACIÓN

LOCAL