Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 228 Luns, 24 de novembro de 2003 Páx. 14.463

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E ADMINISTRACIÓN LOCAL

DECRETO 412/2003, do 6 de novembro, polo que se declara a urxente ocupación, para efectos de expropiación forzosa, polo Concello de Taboada, dos bens e dereitos necesarios para a realización das obras do proxecto de acceso de Castelo a Medela.

O Concello de Taboada, en sesión do día vinteoito de agosto de dous mil dous, aprobou o proxecto de acceso de Castelo a Medela e, na sesión do trinta de maio de dous mil tres, acordou solicitar da Xunta de Galicia a declaración de urxente ocupación dos bens e dereitos afectados pola expropiación forzosa ó abeiro do disposto no artigo 52 da Lei de expropiación forzosa.

Por parte do Concello de Taboada foi remitida a documentación complementaria para a correcta tramitación do expediente con data de entrada no rexistro xeral da Consellería de Xustiza, Interior e Administración Local o día vinte de outubro de dous mil tres.

Os bens nos que se concreta a declaración de urxente ocupación están determinados no expediente que se someteu a información pública.

A Dirección Xeral de Urbanismo da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda emitiu informe favorable. O dito informe tivo entrada no rexistro xeral da Consellería de Xustiza, Interior e Administración Local o día once de xullo de dous mil tres.

Considérase necesaria a declaración de urxente ocupación dos bens e dereitos precisos para a realización das obras do proxecto técnico sinalado, xa que, segundo sinala o Concello de Taboada, a obra pretendida significaría unha moi importante mellora nos eidos socioeconómico, sanitario, ambiental e de seguridade. Con esta obra evitaríase que os veciños do concello teñan que seguir utilizando a estrada N-540, especialmente no p.k. 42,400, cualificado como punto negro polas autoridades de tráfico, no que xa teñen ocorrido numerosos accidentes, dispoñendo así dun acceso ó centro de saúde e outros servicios municipais que utilizan moi frecuentemente, deixando de estar expostos ós perigos antes sinalados e que agora mesmo non lles queda máis remedio que transitar ó non dispor doutras alternativas, alternativas que con esta obra se lles proporcionan.

A competencia para a declaración da urxente ocupación correspóndelle ó Consello da Xunta de Galicia segundo o disposto nos artigos 27.2º e 28.2º do Estatuto de autonomía de Galicia.

Na súa virtude, por proposta do conselleiro de Xustiza, Interior e Administración Local e logo de deli

beración do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día seis de novembro de dous mil tres,

DISPOÑO:

Artigo único.-De conformidade co disposto no artigo 52 da Lei de expropiación forzosa, declárase a urxente ocupación, polo Concello de Taboada para efectos de expropiación forzosa, dos bens e dereitos concretados no expediente administrativo instruído para o efecto e necesarios para a execución das obras do proxecto de acceso de Castelo a Medela, debendo, de se-lo caso, unha vez ocupados os terreos necesarios, obte-las autorizacións que foran necesarias dos organismos competentes, con carácter previo ó inicio das obras.

Santiago de Compostela, seis de novembro de dous mil tres.

Manuel Fraga Iribarne

Presidente

Jesús Carlos Palmou Lorenzo

Conselleiro de Xustiza, Interior e Administración Local