Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 228 Luns, 24 de novembro de 2003 Páx. 14.461

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA, RELACIÓNS INSTITUCIONAIS E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

ORDE do 13 de novembro de 2003 pola que se clasifica como benéfico social a Fundación de Daño Cerebral (Fudace).

Visto o expediente de clasificación da Fundación de Daño Cerebral (Fudace), con domicilio en Lugo.

Supostos de feito.

1. A fundación formulou solicitude de clasificación para os efectos da súa inscrición no Rexistro de Fundacións de Interese Galego.

2. A Fundación de Daño Cerebral (Fudace), foi constituída en escritura pública outorgada en Lugo o día doce de maio de dous mil tres, ante o notario Mario Alfonso Calvo Alonso, con número de protocolo mil oitocentos doce, rectificada por outra de tres de outubro de dous mil tres, do mesmo notario, con número de protocolo tres mil seiscentos corenta e sete, por: Luis Abelleira Mayor, María-Carmen-Claudina Fidalgo López, e Carlos-Evaristo Tejerina Pérez que interveñen no seu propio nome e dereito, e por Roberto López García que intervén en nome e representación da compañía mercantil Ingapan, S.L., Jesús Pernas Carreiras en nome e representación da compañía mercantil Hipólito, S.L., José Constantino Núñez Vázquez en nome e representación da compañía mercantil J. Constantino Núñez, S.L., Jesús Luis Lence Ferreiro en nome e representación da compañía mercantil Leite Rio, S.L., Blanca García Montenegro en nome e representación da compañía mercantil El Progreso de Lugo Sociedad Limitada.

3. O obxecto da fundación, segundo establece o artigo 4º dos estatutos, consiste na articulación de medidas asistenciais, prelaborais, laborais ou formativas para os paralíticos cerebrais e grandes discapacitados físicos e psíquicos que acrediten a súa condición legal de minusválidos, e proxéctase inicialmente na provincia de Lugo.

4. O padroado da fundación estará integrado por Luis Abelleira Mayor como presidente, María-Carmen-Claudina Fidalgo López como vicepresidenta, Roberto López García como secretario, e Jesús Pernas Carreiras, Carlos-Evaristo Tejerina Pérez, Jesús-Luis Lence Ferreiro e Blanca García Montenegro como vocais.

5. A comisión integrada polos secretarios xerais de tódalas consellerías eleva ó conselleiro da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración

Pública proposta de clasificación como benéfico social da Fundación de Daño Cerebral (Fudace), dado o seu obxecto e finalidade, polo que, véndose cumpridos os requisitos esixidos na Lei 7/1983, do 22 de xuño, e na Lei 11/1991, do 8 de novembro, de reforma da lei anterior, de réxime das fundacións de interese galego, e segundo establece o artigo 32.1º e 2º do Decreto 248/1992, do 18 de xuño, polo que se aproba o Regulamento de organización e funcionamento do protectorado das fundacións de interese galego, procede a súa clasificación como benéfico social e á súa asdcrición á Consellería de Asuntos Sociais, Emprego e Relacións Laborais.

Fundamentos de dereito.

1. O artigo 34 da Constitución española recoñece o dereito de fundación para fins de interese xeral de acordo coa lei, e o artigo 27.26º do Estatuto de autonomía para Galicia outórgalle competencia exclusiva sobre o réxime das fundacións de interese galego.

2. De acordo co disposto no artigo 32.2º.c) do Decreto 248/1992, do 18 de xuño, polo que se aproba o Regulamento de organización e funcionamento do protectorado das fundacións de interese galego, corresponde a esta consellería a clasificación da fundación e a adscrición á consellería correspondente, quen exercerá plenamente o protectorado sobre ela.

3. Á vista do que antecede, pódense considerar cumpridas as finalidades tanto legais como regulamentarias establecidas para o caso, de acordo coa proposta realizada pola Comisión de Secretarios Xerais na súa reunión do día 11 de novembro de 2003.

Vista a Constitución española de 1978, o Estatuto de autonomía de Galicia (Lei orgánica 1/1981, do 6 de abril); a Lei 7/1983, do 22 de xuño e na Lei 11/1991, do 8 de novembro, de reforma da anterior, de réxime das fundacións de interese galego, así como as demais normas de desenvolvemento e de xeral aplicación.

Na súa virtude,

DISPOÑO:

Clasificar como benéfico social a Fundación de Daño Cerebral (Fudace) adscribíndoa á Consellería de Asuntos Sociais, Emprego e Relacións Laborais que exercerá plenamente o protectorado sobre ela.

Santiago de Compostela, 13 de novembro de 2003.

Jaime Pita Varela

Conselleiro da Presidencia, Relacións

Institucionais e Administración Pública

CONSELLERÍA DE POLÍTICA AGROALIMENTARIA E

DESENVOLVEMENTO RURAL