Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 228 Luns, 24 de novembro de 2003 Páx. 14.460

II. AUTORIDADES E PERSOAL

NOMEAMENTOS:

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 19 de novembro de 2003 pola que se fai pública a composición do Consello Social da Universidade de Santiago de Compostela.

A Lei orgánica 6/2001, do 21 de decembro, de universidades, recolle no seu artigo 14 o consello social como o órgano de participación da sociedade na universidade, remitindo en canto á súa composición, funcións e designación dos seus membros, á lei da Comunidade Autónoma correspondente.

A Lei 1/2003, do Parlamento de Galicia, do 9 de maio, dos consellos sociais do sistema universitario de Galicia, regula o consello social de cada unha das universidades públicas que integran o sistema universitario de Galicia como órgano colexiado de goberno da universidade que garanta a participación da sociedade na vida universitaria galega.

O artigo 7 desta lei, determina a composición do consello social e os procedementos de designación e nomeamento dos seus membros.

Neste senso, a Universidade de Santiago de Compostela, no uso das súas competencias, procedeu á designación dos representantes que lle corresponden segundo o disposto no artigo 7.2º da Lei 1/2003, do 9 de maio, dos consellos sociais do sistema universitario de Galicia, e remitiulle as correspondentes comunicacións á Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.

Do mesmo xeito, cada unha das institucións e entidades previstas no artigo 7.3º da citada Lei 1/2003, remitiulle á Consellería de Educación e Ordenación Universitaria a comunicación coa designación dos seus representantes. Así mesmo, recibiuse xa nesta consellería, en cumprimento do artigo 8 da citada lei, o documento preceptivo de non ter incorrido en incompatibilidade.

Nomeada Manuela López Besteiro presidenta do Consello Social da Universidade de Santiago de Compostela, polo Decreto 334/2003, do 24 de xullo (DOG do 7 de agosto).

Na súa virtude, esta consellería, cumprindo o establecido no artigo 7 (puntos 4º e 5º) e na disposición transitoria primeira da citada Lei 1/2003,

DISPÓN:

Artigo único.-Facer pública a composición do Consello Social da Universidade de Santiago de Compostela, que estará constituído polos seguintes membros:

I. En representación do Consello de Goberno da Universidade de Santiago de Compostela:

-Senén Barro Ameneiro, rector da universidade.

-Joaquín Rodríguez Toubes-Muníz, secretario xeral da universidade.

-José Manuel Villanueva Prieto, xerente en funcións da universidade.

-Carlos Herrero Latorre, profesor, membro do Consello de Goberno.

-Esperanza González Martín, estudiante, membro do Consello de Goberno.

-Antonio de Padua Pérez Casas, representante do PAS, membro do Consello de Goberno.

II. En representación dos intereses sociais de Galicia.

a) Designados polo Parlamento de Galicia

-Javier Álvarez-Santullano Pino.

-Óscar Fernández Refoxo.

-Pedro Hervés Álvarez.

-Evaristo Nogueira Pol.

-María Teresa Porto Pedrido.

-Francisco Vázquez Fernández.

b) Designados pola Xunta de Galicia.

-Manuela López Besteiro, presidenta do Consello Social da Universidade.

-Luís García Santalla.

-Enrique Sande Meijide.

-Jesús Suárez Castro.

-Eduardo Jiménez Domínguez.

-Enrique Gómez Abellás.

-José Gabriel Barreiro Pérez.

c) Designados polos sindicatos.

-Pastor Fuenteseca Díaz, pola Unión Xeral de Traballadores.

-Emilio Crespo Correa, por Comisións Obreiras de Galicia.

d) Designados polas organizacións empresariais.

-Manuel Jaime Martínez Rapela.

-Blanca García Montenegro.

-Manuel Mon Rouco.

-Ricardo Rúa Pintos.

e) Designados polas corporacións locais dos concellos dos campus.

-Xosé Antonio Sánchez Bugallo, polo Concello de Santiago de Compostela.

-Benjamín Casal Vila, polo Concello de Lugo.

Disposición derradeira

Esta orde entrará en vigor o mesmo día da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 19 de novembro de 2003.

Celso Currás Fernández

Conselleiro de Educación e Ordenación

Universitaria

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA, RELACIÓNS INSTITUCIONAIS

E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA