Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 228 Luns, 24 de novembro de 2003 Páx. 14.459

II. AUTORIDADES E PERSOAL

NOMEAMENTOS:

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 19 de novembro de 2003 pola que se fai pública a composición do Consello Social da Universidade da Coruña.

A Lei orgánica 6/2001, do 21 de decembro, de universidades, recolle no seu artigo 14 o Consello Social como o órgano de participación da sociedade na universidade, remitindo, en canto á súa composición, funcións e designación dos seus membros, á lei da Comunidade Autónoma correspondente.

A Lei 1/2003, do Parlamento de Galicia, do 9 de maio, dos consellos sociais do Sistema Universitario de Galicia, regula o Consello Social de cada unha das universidades públicas que integran o Sistema Universitario de Galicia como órgano colexiado de goberno da universidade que garanta a participación da sociedade na vida universitaria galega.

O artigo 7 desta lei determina a composición do Consello Social e os procedementos de designación e nomeamento dos seus membros.

Neste senso, a Universidade da Coruña, en uso das súas competencias, procedeu á designación dos representantes que lle corresponden segundo o disposto no artigo 7.2º da Lei 1/2003, do 9 de maio, dos consellos sociais do Sistema Universitario de Galicia, e remitiulle as correspondentes comunicacións á Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.

Do mesmo xeito, cada unha das institucións e entidades previstas no artigo 7.3º da citada Lei 1/2003, remitiulle á Consellería de Educación e Ordenación Universitaria a comunicación coa designación dos seus representantes. Así mesmo, recibiuse xa nesta consellería, en cumprimento do artigo 8 da citada lei, o documento preceptivo de non ter incorrido en incompatibilidade.

Nomeado José Antonio Quiroga y Piñeyro presidente do Consello Social da Universidade da Coruña, polo Decreto 335/2003, do 24 de xullo (DOG do 7 de agosto).

Na súa virtude, esta consellería, cumprindo o establecido no artigo 7 (números 4º e 5º) e na disposición transitoria primeira da citada Lei 1/2003,

DISPÓN:

Artigo único.-Facer pública a composición do Consello Social da Universidade da Coruña que estará constituído polos seguintes membros:

I. En representación do Consello de Goberno da Universidade da Coruña:

-Alfonso Barca Lozano, en funcións de rector da universidade.

-Marta María García Pérez, secretaria xeral da universidade.

-Víctor Manuel Cabrera Sánchez, xerente da universidade.

-Rafael María García Rodríguez, profesor, membro do consello de goberno.

-Pablo Álvarez Pichel , estudiante, membro do consello de goberno.

-Carmen Osinde Pena, representante do PAS, membro do consello de goberno.

II. En representación dos intereses sociais de Galicia.

a) Designados polo Parlamento de Galicia.

-Manuel Caamaño Suárez.

-José Luis Calvo Pumpido.

-Carlos González Fernández.

-José Manuel Liaño Flores.

-Ramón Núñez Centella.

-José Manuel Vilariño Anca.

b) Designados pola Xunta de Galicia.

-José Antonio Quiroga y Piñeyro, presidente do consello social.

-Agustín Ordóñez Armán.

-Epifanio Campo Fernández.

-Amador de Castro Pérez.

-Antonio Abril Abadín.

-Juan Caamaño Cebreiro.

-José Manuel Moure Vieites.

c) Designados polos sindicatos.

-José Manuel Pose Mesura, pola Unión Xeral de Traballadores.

-Juan del Valle Codesal, por Comisións Obreiras de Galicia.

d) Designados polas organizacións empresariais.

-Julio Rivero Gómez.

-Ángel García Prieto.

-Enrique Ulloa Canalejo.

-Antonio Couceiro Méndez.

e) Designados polas corporacións locais dos concellos dos campus.

-Carmen Marón Beltrán, polo Concello da Coruña.

-José Manuel Couce Fraguela, polo Concello de Ferrol.

Disposición derradeira

Esta orde entrará en vigor o mesmo día da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 19 de novembro de 2003.

Celso Currás Fernández

Conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria