Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 228 Luns, 24 de novembro de 2003 Páx. 14.458

II. AUTORIDADES E PERSOAL

NOMEAMENTOS:

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 19 de novembro de 2003 pola que se fai pública a composición do Consello Social da Universidade de Vigo.

A Lei orgánica 6/2001, do 21 de decembro, de universidades, recolle no seu artigo 14 o consello Social como o órgano de participación da sociedade na universidade, remitindo en canto á súa composición, funcións e designación dos seus membros, á lei da Comunidade Autónoma correspondente.

A Lei 1/2003, do Parlamento de Galicia, do 9 de maio, dos consellos sociais do sistema universitario de Galicia, regula o consello social de cada unha das universidades públicas que integran o sistema universitario de Galicia como órgano colexiado de goberno da universidade que garanta a participación da sociedade na vida universitaria galega.

O artigo 7 desta lei determina a composición do consello social e os procedementos de designación e nomeamento dos seus membros.

Neste senso, a Universidade de Vigo, en uso das súas competencias, procedeu á designación dos representantes, agás o dos estudiantes, que lle corresponden segundo o disposto no artigo 7.2º da Lei 1/2003, do 9 de maio, dos consellos sociais do sistema universitario de Galicia, e remitiulle as correspondentes comunicacións á Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.

Do mesmo xeito, cada unha das institucións e entidades previstas no artigo 7.3º da citada Lei 1/2003, remitiulle á Consellería de Educación e Ordenación Universitaria a comunicación coa designación dos seus representantes. Así mesmo, recibiuse xa nesta consellería, en cumprimento do artigo 8 da citada lei, o documento preceptivo de non ter incorrido en incompatibilidade.

Nomeado Emilio Atrio Abad presidente do Consello Social da Universidade de Vigo, polo Decreto 333/2003, do 24 de xullo (DOG do 7 de agosto).

Na súa virtude, esta consellería, cumprindo o establecido no artigo 7 (puntos 4º e 5º) e na disposición transitoria primeira da citada Lei 1/2003,

DISPÓN:

Artigo único.-Facer pública a composición do Consello Social da Universidade de Vigo que estará constituído polos seguintes membros:

I. En representación do Consello de Goberno da Universidade de Vigo:

-Domingo Docampo Amoedo, rector da universidade.

-Mª Teresa Iglesias Randulfe, secretaria xeral da universidade.

-Augusto Viso Alonso, xerente da universidade.

-Alberto Gago Rodríguez, profesor, membro do Consello de Goberno.

-Sergio Pajares Domínguez, representante do PAS, membro do Consello de Goberno.

II. En representación dos intereses sociais de Galicia.

a) Designados polo Parlamento de Galicia.

-Aurora Carbajal Abal.

-Luis Carrera Pásaro.

-José María Franco García.

-José Manuel García López.

-María Xesús López Escudeiro.

-Concepción Rúa González.

b) Designados pola Xunta de Galicia.

-Emilio Atrio Abad, presidente do Consello Social.

-Ernesto Pedrosa Silva.

-José Luis Pichel Fernández.

-Amador Vázquez Vázquez.

-Alfonso Cortés Castañera.

-José Ramón Gago Alonso.

-Alfredo Díaz Grande.

c) Designados polos sindicatos.

-Luis Casanova González, pola Unión Xeral de Traballadores.

-Juan Ignacio Pérez Méndez, por Comisións Obreiras de Galicia.

d) Designados polas organizacións empresariais.

-José Manuel Fernández Alvariño.

-Guillermo Alonso Jáudenes.

-Francisco Rodríguez García.

-Manuel Rodríguez de la Fuente.

e) Designados polas corporacións locais dos concellos dos campus.

-Lois Pérez Castrillo, polo Concello de Vigo.

-Guillermo Antonio Meijón Couselo, polo Concello de Pontevedra.

-Belén Girón Vélez, polo Concello de Ourense.

Disposición derradeira

Esta orde entrará en vigor o mesmo día da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 19 de novembro de 2003.

Celso Currás Fernández

Conselleiro de Educación e Ordenación

Universitaria