Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 227 Venres, 21 de novembro de 2003 Páx. 14.440

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

EDICTO do 23 de outubro de 2003, da Delegación Provincial de Ourense, polo que se notifica a resolución do expediente sancionador de incendios OU 029/03 IN, devolto polo servicio de correos.

De conformidade co disposto polo artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle á persoa que no anexo se menciona a resolución do expediente sancionador correspondente, por presunta infracción á Lei 81/1968, do 5 de decembro, sobre incendios forestais, e do seu regulamento, aprobado polo Decreto 3769/1972, do 23 de decembro, en relación coa Resolución do 11 de febreiro de 2003, da Dirección Xeral de Montes e Industrias Forestais, sobre medidas para a prevención de incendios forestais durante o ano 2003, ó non ser posible a súa notificación a través do servicio de correos.

Non obstante, de acordo cos artigos 107, 114 e 115 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, contra esta resolución que non esgota a vía administrativa, poderá interpor recurso de alzada perante o conselleiro de Medio Ambiente no prazo dun mes contado desde o día seguinte ó desta publicación.

O pagamento voluntario poderá implica-la terminación do procedemento sen prexuízo da posibilidade de interpoñe-los recursos procedentes (artigo 8.2º do Real decreto 1398/1993). O importe da

sanción que en cada caso corresponda farase efectivo na conta de recadación de multas e sancións da Xunta de Galicia empregando o impreso oficial que se facilitará na Delegación Provincial de Ourense no prazo de quince días hábiles contados a partir do día seguinte ó desta notificación e unha vez producida a firmeza desta resolución -a firmeza producirase ó non interpoñer recurso no prazo indicado-. De non facelo dentro do prazo sinalado, procederase ó seu cobramento pola vía administrativa de constrinximento.

Prazos establecidos no artigo 20 do Regulamento xeral de recadación:

-As sancións notificadas entre os días 1 e 15 de cada mes, desde a data de notificación ata o día 5 do mes seguinte ou o inmediato hábil posterior.

-As notificadas entre os días 16 e último de cada mes, desde a data de notificación ata o día 20 do mes seguinte ou o inmediato hábil posterior.

Transcorrido o prazo de interposición do recurso sen que este se presentase, esta resolución será firme para tódolos efectos regulamentarios.

Ourense, 23 de outubro de 2003.

Agustín Prado Verdeal

Delegado provincial de Ourense

ANEXO

Expte. nº/ano: OU 029/03 IN.

Denunciada: Marisol Solero González.

DNI: 15342338.

Último enderezo coñecido: r/ Costa do Sol nº 6, 32700 Maceda.

Feito denunciado: abandono de vehículo, OR-4999-F.

Precepto infrinxido e sancionador: artigo 137 e) do Regulamento do 23-12-1972, en relación coa Resolución do 11-2-2003 da DXM e Industrias Forestais.

Sanción: 300,51 euros.