Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 227 Venres, 21 de novembro de 2003 Páx. 14.439

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

EDICTO do 13 de outubro de 2003, do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Lugo, polo que se inicia a tramitación dos expedientes de clasificación de montes 1/2003 e tres máis.

Perante este xurado provincial de montes veciñais en man común tramítanse os expedientes de clasificación dos montes coas seguintes características:

-Expediente número: 1/2003.

Denominación: Da Lagoa e Coto do Faro.

Comunidade propietaria: veciños da parroquia de Nois.

Concello: Foz.

Superficie: 47,83 hectáreas.

Estremas:

-Da Lagoa.

Norte: propiedades particulares.

Leste: camiño e propiedades particulares.

Sur: camiño e propiedades particulares.

Oeste: camiño e propiedades particulares.

-Coto do Faro.

Norte: camiño e propiedades particulares.

Leste: camiño e propiedades particulares.

Sur: camiño e propiedades particulares.

Oeste: camiño e propiedades particulares.

-Expediente número: 2/2003.

Denominación: Orgoso.

Comunidade propietaria: veciños da parroquia de Fufín.

Concello: Monterroso.

Superficie: 6,5 hectáreas.

Estremas:

Norte: propiedades particulares.

Leste: propiedades particulares e monte veciñal en man común de San Pedro de Vilanova.

Sur: monte veciñal en man común de San Pedro de Vilanova.

Oeste: propiedades particulares e monte veciñal en man común de San Pedro de Vilanova.

-Expediente número: 3/2003.

Denominación: Gañidoira e Fraga de Guimarás.

Comunidade propietaria: veciños da parroquia de San Pedro de Muras.

Concello: Muras.

Superficie: 468,20 hectáreas e 390,85 hectáreas respectivamente.

Estremas:

-Gañidoira.

Norte: concello de Ourol.

Leste: monte Fraga de Guimarás, estrada de Vilalba a Viveiro e propiedades particulares.

Sur: propiedades particulares.

Oeste: propiedades particulares.

-Fraga de Guimarás.

Norte: concello de Ourol, estrada de Vilalba a Viveiro, e Rego de Xestosa.

Leste: concello de Ourol e propiedades particulares.

Sur: propiedades particulares.

Oeste: propiedades particulares.

-Expediente número: 4/2003.

Denominación: De Piñeiró.

Comunidade propietaria: veciños da parroquia de Piñeiró.

Concello: O Saviñao.

Superficie: 227,2 hectáreas.

Estremas:

Norte: propiedades particulares, monte veciñal en man común de Xuvencos, Rego das Grañas e estrada de Vilachá-A Agra.

Leste: monte veciñal en man común de Abuime.

Sur: propiedades particulares e estrada de Vilachá-A Agra.

Oeste: camiño e propiedades particulares.

En virtude do acordado polo xurado na sesión que tivo lugar o día 11 de xuño de 2003 e, en cumprimento da orde do instructor, conforme o disposto na Lei de montes veciñais en man común do 10 de outubro de 1989 e demais disposicións de aplicación, por este edicto faise pública a iniciación para a posible clasificación dos expedientes indicados co obxecto de que, de acordo co previsto no artigo 23 do regulamento aprobado polo Decreto 260/1992, do 4 de setembro, para a execución da citada lei, cantas persoas, organismos e corporacións resulten interesadas, poidan comparecer e intervir nos expedientes iniciados e formular perante o xurado, no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ó da publicación deste edicto no Diario Oficial de Galicia, cantas alegacións coiden oportunas na defensa dos dereitos que crean que os asisten en relación cos montes, achegando, se é o caso, a documentación que consideren conveniente ó respecto.

Lugo, 13 de outubro de 2003.

Luis González Vázquez

Presidente do Xurado Provincial de Clasificación

de Montes Veciñais en Man Común de Lugo