Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 227 Venres, 21 de novembro de 2003 Páx. 14.441

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE ASUNTOS SOCIAIS, EMPREGO E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 3 de novembro de 2003, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se fai público o depósito da acta de modificación e dos estatutos do Grupo Provincial de Rematantes y Aserradores de Maderas de Pontevedra.

De conformidade co disposto no artigo 4 do Real decreto 873/1977, do 22 de abril, de desenvolvemento da Lei 19/1977, do 1 de abril, e para os efectos previstos no mencionado real decreto, faise público que na Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación desta delegación provincial, se achega certificado do secretario do Grupo Provincial de Rematantes y Aserradores de Maderas de Pontevedra, dando conta da modificación dos artigos 1, 3, 6,

8, 12, 13, 14, 18, 19, 20, 21, 22, 23, 24 e 25 dos estatutos, xuntándose novo texto deles, sen que se alteren os ámbitos territorial e profesional.

Asinan a acta de modificación dos estatutos: Antonio L. Pérez Giménez e outro.

Os estatutos depositados poderán ser examinados por calquera persoa interesada.

Vigo, 3 de novembro de 2003.

Joaquín Macías Sánchez

Delegado provincial de Pontevedra