Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 227 Venres, 21 de novembro de 2003 Páx. 14.424

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DO SOCIAL NÚMERO CATRO DE SANTANDER

EDICTO (231/2003).

Eloisa Alonso García, secretaria xudicial do Xulgado do Social número catro de Santander, fai saber que no procedemento de demanda 231/2003 deste xulgado do social, seguidos por instancia de Guillermo Quevedo Mendoza, contra a empresa Inversiones Convergentes, S.L., Seguranza Norte, S.L., Seguranza y Sistemas de Seguridad, S.L., Inversiones y Seguridad 2001, S.L., sobre ordinario, se dictou a seguinte proposta de auto S.Sª secretaria xudicial Eloisa Alonso García.

En Santander o vintecatro de outubro de dous mil tres.

Feitos.

Primeiro.-Neste procedemento seguido entre Guillermo Quevedo Mendoza, como demandante e Inversiones Convergentes, S.L., Seguranza Norte, S.L., Seguranza y Sistemas de Seguridad, S.L., Inversiones y Seguridad 2001, S.L. como demandada consta:

Sentencia do 11 de xullo de 2003 co contido que se dá por reproducido.

Segundo.-O citado título gañou firmeza sen que conste que as demandadas satisfixesen o importe da cantidade líquida e determinada que na contía de 4.684 euros de principal máis 468,4 euros de custas e xuros solicita a parte executante en escrito do 24 de xullo de 2003.

Terceiro.-O Xulgado do Social número un de Santander dictou auto de insolvencia do 9 de outubro de 2003 respecto do mesmo debedor, na execución nº 177/2003.

Razoamentos xurídicos.

Único.-Dispón o artigo 274.3º da LPL que declarada xudicialmente a insolvencia dunha empresa, isto é base suficiente para estima-la súa pervivencia noutras execucións, podéndose dictar auto de insolvencia sen necesidade de reitera-las pescudas de bens do artigo 248 desta lei, debendo dar audiencia ó demandante e ó Fondo de Garantía Salarial, para que no prazo de quince días sinalen a existencia de novos bens, se é o caso. Por iso e vista a insolvencia xa dictada contra a executada adóptase a seguinte resolución:

En atención ó exposto, acórdase:

Despachar execución do título mencionado nos feitos deste resolución por un principal de 4.684 euros máis a cantidade de 468,4 euros en concepto de xuros e de custas provisionais.

Déaselle audiencia ó Fondo de Garantía Salarial e á parte demandante para que en quince días poidan designa-la existencia de novos bens susceptibles de traba, advertíndolles que de non ser así se procederá a dictar auto de insolvencia provisional nesta execución.

Notifíquese esta resolución ás partes e ó Fondo de Garantía Salarial advertindo que contra ela cabe interpoñer recurso de reposición perante este xulgado dentro do prazo de tres días hábiles seguintes ó da súa notificación, sen prexuízo da súa executividade.

Esta é a resolución que propón o secretario xudicial deste xulgado a Mª Jesús Fernández García, maxistrada-xuíza do Xulgado do Social número catro, dou fe.

E para que sirva de notificación en legal forma a Inversiones Convergentes, S.L., Seguranza Norte, S.L., Seguranza y Sistemas de Seguridad, S.L., Inversiones y Seguridad 2001, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a sua inserción no BOP.

En Santander o vintetrés de outubro de dous mil tres.

Advírteselle ó destinatario que as seguintes comunicacións se farán nos estrados deste xulgado, agás as que revistan forma de auto ou sentencia, ou que se trate de emprazamento.

Secretario xudicial

Rubricado