Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 227 Venres, 21 de novembro de 2003 Páx. 14.423

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DO SOCIAL NÚMERO TRES DA CORUÑA

CÉDULA de notificación de sentencia (306/2003).

Juan Rey Pita, secretario do Xulgado do Social número tres da Coruña, dou fe e certifico que neste xulgado se seguen autos nº 306/2003 por instancia de Julio González Brandón contra Filtros Galicia, S.L. sobre salarios, nos que recaeu sentencia o 17 de setembro que copiada nos particulares necesarios di así:

«Que estimando a demanda formulada por Julio César González Brandón, contra a empresa Filtros

Galicia, S.L., condénoa a aboarlle a cantidade de 3.915,09 euros, que lle debe en concepto de salarios.

Notifíquese a presente resolución as partes facéndolles saber que contra ela cabe interpoñer recurso de suplicación perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, Sala do Social, debendo anuncialo previamente ante este xulgado do Social, no prazo de cinco días hábiles a partir do día seguinte ó da súa notificación.

Previndo á empresa demandada que para recorrer deberá acreditar ter ingresado na c/c de consignacións código 5604.0000.60.0306.03 de Banesto (0030) desta cidade denominada Conta do Xulgado do Social número tres o importe da condena e 150,25 euros en concepto de depósito, requisitos sen os cales non será admitido a trámite o recurso quedando firme a sentencia.

Así por esta miña sentencia da que se unirá certificación ós autos orixinais para a súa notificación e cumprimento, xulgando pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que conste, para efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, a fin de que sirva de notificación en forma á empresa Filtros Galicia, S.L. expido e asino esta cédula na Coruña o 23 de outubro de 2003.

Juan Rey Pita

O secretario xudicial