Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 227 Venres, 21 de novembro de 2003 Páx. 14.423

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA NÚMERO OITO DA CORUÑA

EDICTO (226/2003-CH).

María Pilar Cuenca Sánchez, secretaria do Xulgado de Primeira Instancia número oito da Coruña,

Fago saber: que neste xulgado e co número 226/2003-CH, séguense autos de xuízo verbal entre

as partes que se indicarán e nas súas actuacións dictouse sentencia do 29 de setembro de 2003, con encabezamento e resolución do teor literal seguinte:

«Antonio Fraga Mandián, maxistrado xuíz do Xulgado de Primeira Instancia número oito da Coruña, no nome do Rei, dictou a seguinte sentencia número 168.

A Coruña, 29 de setembro de 2003.

Unha vez vistos os presentes autos de xuízo verbal número 226/2003-CH, promovidos por José Ramón Suárez-Agra Gómez representado pola procuradora Carmen Camba Méndez e defendido polo letrado Xuan Antón Pérez Lema, contra María del Carmen Fernández García incomparecida, sobre desafiuzamento fundado no non pagamento da renda e/ou cantidades debidas.

Decido que estimando integramente a demanda inicial destas actuacións, debo declarar e declaro resolto o contrato de arrendamento que sobre a vivenda sita na r/ Montevideo nº 10, andar 5, dereita, desta cidade, existía entre o demandante e a demandada María del Carmen Fernández García, por falta de pagamento das rendas pactadas e consecuentemente, debo declarar e declaro que procede o desfiuzamento da demandada do antedito predio, condenándoa a estar e pasar polas anteriores declaracións e a que deixen este á libre e enteira disposición do demandante dentro do prazo legal, apercibíndoa de lanzamento se non o fai así, todo iso con expresa condena de custas á demandada».

Para que así conste, para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia e no taboleiro de anuncios deste xulgado, e para que sirva de notificación a María del Carmen Fernández García, declarada en rebeldía, á que se lle fai saber que a devandita resolución non é firme e que contra ela caben os recursos sinalados nesta, expido e asino este edicto na Coruña o 29 de setembro de 2003.

A secretaria

Rubricado