Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 227 Venres, 21 de novembro de 2003 Páx. 14.425

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DO SOCIAL NÚMERO CATRO DE SANTANDER

EDICTO (1172/2002).

Eloísa Alonso García, secretaria xudicial do Xulgado do Social número catro de Santander, fai saber que no procedemento de demanda 1172/2002 deste xulgado do social, seguidos por instancia de Guillermo Quevedo Mendoza, contra a empresa Inversiones Convergentes, S.L., Seguranza Norte, S.L., Fondo de Garantía Salarial, Seguranza y Sistemas de Seguridad, S.L., Inversiones y Seguridad 2001, S.L., sobre despedimento, se dictou a seguinte providencia da maxistrada Mª Jesús Fernández García.

En Santander, vintecatro de outubro de dous mil tres.

Por presentado o anterior escrito polo Sr. Quevedo Mendoza, únase ós autos da súa razón, déaselle traslado del á parte contraria.

De acordo cos artigos 277 e 278 da LPL, cítese de comparecencia ás partes para o próximo día 1 de decembro de 2003, ás 9.25 horas, na sala de audiencia deste xulgado, servindo este provido de citación ás partes.

Se as partes fosen citadas e non asistise o traballador ou persoa que o represente teráselle por desistido da súa solicitude; se non comparecese o empresario ou o seu representante, realizarase o acto sen a súa presencia.

E para que sirva de notificación en legal forma a Inversiones Convergentes, S.L., Seguranza Norte, S.L., Seguranza y Sistemas de Seguridad, S.L., Inversiones y Seguridad 2001, S.L., en ignorado paradoiro, expido esta cédula para a sua inserción no BOP.

En Santander o vintecatro de outubro de dous mil tres.

Advírtselle ó destinatario que as seguintes comunicacións se farán nos estrados deste xulgado, agás as que revistan forma de auto ou sentencia, ou que se trate de emprazamento.

O secretario xudicial

Rubricado