Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 226 Xoves, 20 de novembro de 2003 Páx. 14.392

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE PESCA E ASUNTOS MARÍTIMOS

CÉDULA do 3 de novembro de 2003, da Delegación Territorial de Pontevedra, de notificación de apercibimento previo á imposición de multas coercitivas recaídas no expediente administrativo sancionador e de restitución e reposición da legalidade 71.4/97, tramitado a nome de Mercedes Gándara Otero, na súa condición de promotora de obras executadas no lugar de Camiño de Bouciñas, número 29, Covelo, Samieira, termo municipal de Poio, por presunta infracción da lexislación de costas.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións publicas e do procedemento administrativo común, notifícase o acordo da delegada territorial desta consellería en Vigo, pola que se procede ó apercibimento previo de imposición de multas coercitivas recaída no expediente administrativo sancionador e de restitución e reposición da legalidade número 71.4/97, tramitado a Mercedes Gándara Otero na súa condición de promotora das obras consistentes na construcción dun ático e no peche dun soportal, no lugar de Camiño de Bouciña, nº 29, Covelo, Samieira, termo municipal de Poio, dentro da zona de servidume de protección do dominio público marítimo-terrestre, carecendo da preceptiva autorización desta comunidade autónoma, e sendo firme a resolución recaída no referido expediente, sen ter constancia de que se procedese ó cumprimento do punto 2º da parte dispositiva da resolución, que ordenaba volve-los terreos nos que se

executaron as obras obxecto deste expediente ó seu primitivo estado no prazo dun mes desde que sexa definitiva, acordo, en aplicación da devandita resolución, e de conformidade co disposto no artigo 107.3º da Lei 22/1988, de 28 de xullo, de costas, e nos artigos 95, 96 e 99 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, conceder un prazo de quince (15) días para proceder á restitución das cousas ó seu primitivo estado, acreditándoo perante esta delegación. Noutro caso, a partir do vencemento do prazo concedido, procederase á imposición dunha multa coercitiva por

importe de setecentos vinte euros (720 A), multa que será reiterada mensualmente en tanto que non proceda á reposición e restitución da legalidade.

Pontevedra, 3 de novembro de 2003.

Paloma Rueda Crespo

Delegada territorial de Pontevedra

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E ADMINISTRACIÓN

LOCAL