Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 226 Xoves, 20 de novembro de 2003 Páx. 14.392

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E ADMINISTRACIÓN LOCAL

RESOLUCIÓN do 14 de novembro de 2003, da Secretaría Xeral da Consellería de Xustiza, Interior e Administración Local, pola que se anuncia concurso público, polo procedemento aberto, trámite de urxencia e como expediente anticipado de gasto, para a contratación durante o ano 2004 do servicio extraordinario de operación para o plan específico de protección civil de atención ó peregrino 2004 (PAP-2004) e outros plans de protección civil con destino no centro de emerxencias 112-SOS-Galicia.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Consellería de Xustiza, Interior e Administración Local.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: servicio extraordinario de operación para o plan específico de protección civil de atención ó peregrino 2004 (PAP-2004) e outros plans de protección civil con destino no centro de emerxencias 112-SOS-Galicia (expediente anticipado de gasto).

b) División por lotes: non leva.

c) Lugar de execución: o sinalado no prego de prescricións técnicas.

d) Prazo de execución: desde o 1 de xaneiro de 2004 ata o 31 de decembro de 2004 (incluídos).

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso público.

4. Orzamento base da licitación. Importe total: 165.000 euros, IVE incluído.

5. Garantía provisional: 3.300 euros.

6. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Secretaría Xeral.

b) Domicilio: complexo administrativo San Caetano; edificio nº 5, 3º andar.

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15771.

d) Teléfonos: 981 54 60 03 e 981 54 45 17.

e) Telefax: 981 54 46 96.

f) Data límite de obtención de documentos e información: a mesma que para a presentación de ofertas.

7. Requisitos específicos do contratista. Clasificación.

A clasificación esixida será a seguinte:

-Segundo o Regulamento xeral de contratos das administracións públicas (artigo 37): grupo U, subgrupo 7, categoría B.

-Segundo os criterios de clasificación establecidos na Orde do Ministerio de Facenda do 24 de novembro de 1982, modificado pola Orde do 30 de xaneiro de 1991: grupo III, subgrupo 8, categoría B.

8. Presentación das ofertas.

a) Data límite da presentación das ofertas: o prazo comezará o día seguinte ó da publicación deste anuncio no DOG e rematará o oitavo día natural, ás 14 horas, agás que o último día fose sábado, caso no que se prorrogará o prazo ó día hábil seguinte.

b) Documentación que hai que presentar: a indicada no prego de cláusulas administrativas.

c) Lugar de presentación:

1. Entidad: rexistro xeral da Consellería de Xustiza, Interior e Administración Local.

2. Domicilio: complexo administrativo San Caetano; edificio nº 5, 3º andar.

3. Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15771.

d) Prazo durante o que o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta: tres (3) meses contados desde a data de apertura das proposicións.

9. Apertura das ofertas.

a) Entidade e lugar: Consellería de Xustiza, Interior e Administración Local. Sala de xuntas.

b) Domicilio: complexo administrativo San Caetano; edificio nº 5, 3º andar.

c) Localidade: Santiago de Compostela.

d) Data: terá lugar o acto público, na sala de xuntas da consellería, ás 9.15 horas do quinto día natural seguinte ó da data de remate do prazo de presentación das proposicións, de coincidir en sábado, trasladarase ó primeiro día hábil seguinte.

e) Hora: 9.15 horas.

10. Gastos do anuncio: serán por conta do adxudicatario.

11. Así mesmo, tamén se poderán obte-los pregos relativos a esta contratación no seguinte enderezo da Internet: http://www.xunta.es/contratacion/resultado.asp?N=3342

Santiago de Compostela, 14 de novembro de 2003.

Manuel E. Martínez Oubiña

Secretario xeral da Consellería de Xustiza, Interior

e Administración Pública