Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 225 Mércores, 19 de novembro de 2003 Páx. 14.344

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE PESCA E ASUNTOS MARÍTIMOS

CÉDULA do 3 de novembro de 2003, da Delegación Territorial de Pontevedra, de notificación de apercibimento previo á imposición de multas coercitivas recaída no expediente administrativo sancionador e de restitución e reposición da legalidade 72.8/1998, tramitado a nome de Antonio Rodríguez Domínguez, na súa condición de promotor de obras executadas no lugar de praia de Rande, termo municipal de Redondela, por presunta infracción da lexislación de costas.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións publicas e do procedemento administrativo común, notifícase o acordo da delegada territorial desta consellería en Vigo, pola que se procede ó apercibimento previo de imposición de multas coercitivas recaída no expediente administrativo sancionador e de restitución e reposición da legalidade nº 72.8/1998, tramitado a Antonio Rodríguez Domínguez na súa condición de promotor das obras consistentes na construcción de alpendre, barbacoa e muros de peche e contención, no lugar de praia de Rande, termo municipal de Redondela, dentro da zona de servidume de protección do dominio público marítimo-terrestre, carecendo da preceptiva autorización desta Comunidade Autónoma, e sendo firme a resolución recaída no referido expediente, sen ter constancia de que se procedese ó cumprimento do punto 2º da parte dispositiva da resolución, que ordeanaba volve-los terreos nos que se

executaron as obras obxecto deste expediente ó seu primitivo estado no prazo dun mes desde que sexa definitiva, acordo, en aplicación da devandita resolución, e de conformidade co disposto no artigo 107.3º da Lei 22/1988, do 28 de xullo, de costas, e nos artigos 95, 96 e 99 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, conceder un prazo de quince (15) días para proceder á restitución das cousas ó seu primitivo

estado, acreditándoo perante esta delegación. Noutro caso, a partir do vencemento do prazo concedido, procederase á imposición dunha multa coercitiva por importe de cento nove euros (109 euros), multa que será reiterada mensualmente en canto non proceda á reposición e restitución da legalidade.

Pontevedra, 3 de novembro de 2003.

Paloma Rueda Crespo

Delegada territorial de Pontevedra

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E ADMINISTRACIÓN

LOCAL