Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 225 Mércores, 19 de novembro de 2003 Páx. 14.343

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE CULTURA, COMUNICACIÓN SOCIAL E TURISMO

RESOLUCIÓN do 13 de novembro de 2003 pola que se anuncia a licitación, mediante procedemento aberto por concurso, da contratación da distribución, en réxime de exclusividade, das obras que integran o fondo editorial da Xunta de Galicia para a Comunidade Autónoma de Galicia, Portugal e Brasil.

A Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo, unha vez cumpridos os trámites administrativos correspondentes, resolveu anuncia-lo concurso que a seguir se cita:

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo.

b) Dependencia que tramita o expediente: Dirección Xeral de Promoción Cultural.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo de contrato: servicio de carácter privado.

b) Descrición do obxecto: distribución, en réxime de exclusividade, das obras que integran o fondo editorial da Xunta de Galicia para a Comunidade Autónoma de Galicia, Portugal e Brasil.

b) Prazo de execución: dous (2) anos.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma de adxudicación: concurso público.

4. Garantías.

a) Provisional: non se esixe

b) Definitiva: tres mil euros (3.000 A).

5. Obtención de documentación e información: o prego de cláusulas administrativas particulares e o prego de prescricións técnicas poderán ser examinados no Servicio de Estudios e Publicacións (teléfono 981 54 48 10) da Dirección Xeral de Promoción Cultural da Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo durante o prazo de presentación de proposicións, desde as 9.00 ás 14.00 horas, e solicitarse no teléfono 981 58 89 38.

Tamén se poderán obte-los pregos relativos a esta contratación no seguinte enderezo da Internet:

http://www.xunta.es/contratacion/resultado.asp?N=3331.

6. Requisitos específicos do contratista: solvencia económica e financeira e solvencia técnica: acreditaranse mediante a documentación requirida no punto 6 do prego de cláusulas administrativas que rexe a contratación.

7. Presentación de ofertas.

a) Data límite de presentación: antes das 14 horas do décimo quinto día natural a partir do seguinte ó da publicación desta resolución no DOG.

b) Documentación que hai que presentar: a esixida na cláusula 6 do prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación de proposicións: efectuarase no rexistro xeral da Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo, en sobres pechados en horario de 9.00 a 14.00 horas. Se as proposicións se cursan por correo haberá que aterse ó previsto no artigo 80.4º do Regulamento xeral da Lei de contratos das administracións públicas (Real decreto 1098/2001, do 12 de outubro).

d) Admisión de variantes: non se admiten.

8. Apertura das proposicións.

a) Entidade: Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo (sala de xuntas), San Caetano s/n, Santiago de Compostela.

b) Data e hora: a partir das 11.00 horas do oitavo día natural seguinte ó do remate do prazo de admisión

de proposicións. No caso de que coincida en sábado ou festivo, a apertura realizarase o día hábil seguinte.

9. Gastos do anuncio: por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 13 de novembro de 2003.

P.D. (Orde 15-12-1997)

Andrés González Murga

Secretario xeral da Consellería de Cultura,

Comunicación Social e Turismo