Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de
execución da instalación eléctrica que a continuación se cita:
Solicitante: Unión Fenosa.
Domicilio social: avda. Arteixo, 171, 15007 A Coruña.
Denominación: R.B.T. Gudín-Cazón.
Situación: concello do Saviñao.
Descricións técnicas: R.B.T. aérea con 1.570 m de lonxitude con orixe no C.T.C. de Cazón, conductor tipo R.Z. en apoios de formigón e madeira.
Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, sobre autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolve:
Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, das que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.
Contra esta resolución pódese interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Innovación, Industria e Comercio no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ó da notificación desta resolución; tamén se pode interpor calquera outro recurso que se considere pertinente.
Lugo, 15 de outubro de 2003.
Jesús Bendaña Suárez
Delegado provincial de Lugo
CONSELLERÍA DE CULTURA, COMUNICACIÓN SOCIAL
E TURISMO