Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 225 Mércores, 19 de novembro de 2003 Páx. 14.342

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INNOVACIÓN, INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 13 de outubro de 2003, da Delegación Provincial de Ourense, pola que se autoriza e se aproba o proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 03/63-3).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se cita:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: A Batundeira, 2, Velle, 32960 Ourense.

Denominación: L.M.T., C.T., R.B.T. Vilariño, Pazos, Nogueira, Cárdamo.

Situación: Ourense.

Características técnicas: liña aérea a 20 kV de 352 m derivada desde o apoio nº 21 da L.M.T. Palmés-Cabeanca e remata no C.T. proxectado aéreo con 100 kVA, r/t 20.000/380-220 V en Cardenao. Redes de baixa tensión en Pazos, Cardenao, Cachalvite, Cruces e Nogueira. Liña aérea a 20 kV de 230 m derivada desde o apoio nº 23 da L.M.T. Palmés-Cabeanca e con remate no C.T. proxectado aéreo con 25 kVA, r/t 20.000/380-220 V en Vilariño. Rede de baixa tensión no mesmo lugar.

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e nos capítulos III e IV do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre auto

rización de instalación eléctrica, esta delegación provincial resolve:

Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, nas que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.

Contra a presente resolución poderase interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Innovación, Industria e Comercio no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da notificación desta resolución; tamén se poderá interpoñer calquera outro recurso que se estime pertinente.

Ourense, 13 de outubro de 2003.

Ramón Fernández-Linares Bouza

Delegado provincial de Ourense