Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 225 Mércores, 19 de novembro de 2003 Páx. 14.341

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INNOVACIÓN, INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 10 de outubro de 2003, da Delegación Provincial de Ourense, pola que se somete a información pública o proxecto de execución da liña eléctrica, a 20 kV, L.M.T., C.T. e R.B.T. O Igrexario e Distriz, así como as solicitudes de autorización e de declaración de utilidade pública. (Expediente IN407A 03/79-3 A.T.).

1. Alcance da información pública; lexislación.

Sométese a información pública a solicitude presentada por Unión Fenosa Distribución, S.A. de: autorización administrativa, declaración de utilidade pública e aprobación do proxecto de execución da liña eléctrica de media tensión, a 20 kV, L.M.T., C.T. e R.B.T. O Igrexario e Distriz, no concello de Boborás (Ourense).

A lexislación que basicamente é de aplicación para os efectos anteriores é a seguinte: Lei 54/1997, do

27 de novembro, do sector eléctrico e Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, que a desenvolve; Decreto 3151/1968, do 28 de novembro, polo que se aprobou o Regulamento de liñas eléctricas aéreas de alta tensión e a Lei de expropiación forzosa do 16-12-1954 e o seu Regulamento do 26-4-1957.

2. Descricións básicas do proxecto.

a) Peticionario: Unión Fenosa Distribución, S.A.

b) Enderezo: A Batundeira nº 2, 32960 Velle, Ourense.

c) Datos técnicos: liña aérea a 20 kV, de 20 m de lonxitude en conductor tipo LA 56/54,6 mm, con orixe na L.M.T. ó C.T. de Santo André e remate no C.T. proxectado, aéreo, de 50 kVA e r/t 20.000/380-220 V, en Distriz. Redes de baixa tensión derivadas dos centros de transformación de Distriz e Santo André.

d) Finalidade: mellora na calidade de subministración eléctrica nas zonas de Distriz e Santo André (Boborás), atendendo ás previsións do Plan de Calidade asinado entre a Xunta de Galicia e as empresas eléctricas.

e) Orzamento: 31.657,94 euros.

3. Urxente ocupación.

O peticionario, ó abeiro do título IX da Lei 54/1997, solicita así mesmo a declaración de utilidade pública do proxecto, o que, segundo o artigo 54 daquela, levará implicito, en todo caso, a necesidade de ocupación dos bens ou de adquisición dos dereitos afectados -os cales se describen na relación adxunta- e implicará a urxente ocupación para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa.

4. Alegacións.

Os interesados e os seus representantes poden examina-lo expediente nas oficinas desta delegación provincial, rúa Curros Enríquez nº 1, 4º de Ourense, e presentar, de se-lo caso, as alegacións que crean oportunas no prazo de vinte días, contados a partir da última publicación deste anuncio.

Esta publicación realízase igualmente para os efectos do artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, cando os titulares dos predios propostos sexan descoñecidos ou se ignore o lugar de notificación, con traslado ó Ministerio Fiscal das dilixencias que se produzan.

Ourense, 10 de outubro de 2003.

Ramón Fernández-Linares Bouza

Delegado provincial de Ourense

Relación de propietarios, bens e dereitos afectados

Expediente:Provincia: Ourense.

L.M.T., C.T. e R.B.T. O Igrexario e Distriz.Termo municipal: Boborás.

PREDIOSPROPIETARIOSAFECCIÓN

SoloVoo

NºParaxeCultivoNome e apelidosEnderezoNºmmlm

1DistrizMonte altoDolores Salceda Paradela e Irms.Rúa do Norte-edificio 6, 5º A Banesto

32500 Carballiño, Ourense

1120200