Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 225 Mércores, 19 de novembro de 2003 Páx. 14.344

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E ADMINISTRACIÓN LOCAL

RESOLUCIÓN do 30 de outubro de 2003, da Secretaría Xeral da Consellería de Xustiza, Interior e Administración Local, pola que se notifica a resolución dos expedientes sancionadores en materia de espectáculos públicos PO-2001/0041 e dous máis.

Intentada a notificación ós titulares dos establecementos que se indican a continuación, sen que se puidese practicar, resolvo notificar por este medio, ó amparo do artigo 59.5º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, que se dictou resolución en relación cos recursos de alzada que se relacionan no anexo, informando os interesados que contra as referidas resolucións, que poñen fin á vía administrativa, poderán interpoñer recurso contencioso-administrativo ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ó da súa publicación, e sen prexuízo de que o interesado poida presentar calquera outro recurso que estime conveniente.

De conformidade co previsto na orde da Consellería de Economía e Facenda do 23 de novembro de 2001 (Diario Oficial de Galicia nº 235, do 5 de decembro), os importes das devanditas sancións deberán aboarse nos prazos que establece o Regulamento xeral de recadación, ou do contrario procederase, sen máis trámite, ó seu cobramento pola vía de constrinximento regulamentaria. Para o pagamento en período voluntario os interesados poderán utiliza-lo boletín de multas e sancións que se xuntou coa resolución da delegación provincial e no caso de careceren del poden solicitalo na delegación provincial correspondente.

Santiago de Compostela, 30 de outubro de 2003.

Manuel E. Martínez Oubiña

Secretario xeral da Consellería de Xustiza, Interior

e Administración Local

ANEXO

Número

de expediente

Recorrente

Enderezo

Establecemento

Tipo de infracción

e precepto infrinxido

Data

de resolución

Resolución

PO-2001/0041Luis Santos PousadaR/ Charino, 22

Pontevedra

AciremaLeve. Art. 26 e) Lei org. 1/19928-4-2002Desestimado (multa

de 180,30 A)

Número

de expediente

Recorrente

Enderezo

Establecemento

Tipo de infracción

e precepto infrinxido

Data

de resolución

Resolución

PO-2001/0065David Hermida IslaAvda. da Barraña, 34-1º A

Boiro (A Coruña)

Leña y sonLeve. Art. 26 e) Lei org. 1/199220-12-2001Estimado

PO-2001/0377Javier Costas PampínR/ Loureiro Crespo, 71

Pontevedra

QueLeve. Art. 26 e) Lei org. 1/199212-4-2002Desestimado (multa

de 300,51 A)