Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 225 Mércores, 19 de novembro de 2003 Páx. 14.326

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA NÚMERO DEZ DA CORUÑA

EDICTO (142/2003).

Montserrat del Valle Prieto, secretaria do Xulgado de Primeira Instancia número dez da Coruña, certifico que nos autos seguidos neste xulgado por instancia de María Concepción Pereiro Morandeira, contra Jesús Vázquez Valiño, sobre demanda de divorcio número 142/2003, dictouse sentencia con data do 23 de outubro de 2003, e para a súa notificación ó demandado rebelde, acordouse libra- lo seguinte edicto:

«Sentencia.-Na Coruña, 23 de outubro de 2003, vistos por Ángel Barrallo Sánchez, maxistrado-xuíz do Xulgado de Primeira Instancia número dez da Coruña e o seu partido, os presentes autos de divorcio seguidos neste xulgado co número 142/2003 por instancia de María Concepción Pereiro Morandeira, representada pola procuradora Paloma Rodríguez Puente e defendida pola letrada señora Álvarez del Campo, sendo a parte demandada Jesús Vázquez Valiño, en situación procesual de rebeldía.

Dictamino que estimando en parte a demanda formulada pola procuradora Paloma Rodríguez Puente, debo declarar e declaro a disolución por divorcio, do matrimonio constituído por Jesús Vázquez Valiño e Concepción Pereiro Morandeira celebrado en Oleiros o 3 de novembro de 1973, cos efectos legais que iso leva consigo.

Sen imposición de custas.

Contra esta resolución cabe interpoñer recurso de apelación que se interpoñerá por escrito ante este mesmo xulgado no prazo de cinco (5) días desde a súa notificación e tendo en conta de conformidade co que determina o artigo 774 p 5ª que os recursos que, conforme a lei, se interpoñan contra sentencia non suspenderá a eficacia das medidas que se acordaran nesta. Se a impugnación afectara unicamente ós pronunciamentos sobre medidas, declararase a firmeza do pronunciamento sobre a nulidade separación ou divorcio.

Así, por esta miña sentencia, definitivamente xulgando en primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que conste e sirva de notificación ó demandado rebelde Jesús Vázquez Valiño, estendo este edicto na Coruña 23 de outubro de 2003.

A secretaria xudicial

Rubricado