Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 225 Mércores, 19 de novembro de 2003 Páx. 14.326

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA NÚMERO DEZ DA CORUÑA

EDICTO (779/2003).

Monstserrat del Valle Prieto, secretaria do Xulgado de Primeira Instancia número dez da Coruña, dou fe:

Que nos autos de acollemento familiar que se seguen neste xulgado co número 779/2003 se acordou, por resolución con data do 22 de outubro de 2003, a citación de José Manuel Domínguez Mosquera, mediante a publicación da seguinte cédula de citación:

En virtude do acordado polo maxistrado-xuíz de do Xulgado Primeira Instancia número dez da Coruña e o seu partido, en resolución desta data, nos autos de proposta de acollemento familiar nº 779/2003, que se seguen neste xulgado, acordouse citar a José Manuel Domínguez Mosquera, actualmente en paradoiro descoñecido, co fin de que o día 11 de decembro ás 9.30 horas compareza neste xulgado para a práctica de dilixencias, prevíndoo de que, de non verificalo, recaerán sobre el os prexuízos a que houber lugar en dereito.

A Coruña, vintedous de outubro de dous mil tres.

A secretaria

Rubricado