Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 225 Mércores, 19 de novembro de 2003 Páx. 14.326

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

AUDIENCIA PROVINCIAL DA CORUÑA (SECCIÓN SEGUNDA)

EDICTO (108/2002).

Cándido Curiel Fernández, secretario da Sección Primeira, substituto da Sección Segunda Audiencia Provincial da Coruña. Certifico: que na causa de que se fará mérito dictouse o seguinte:

«A Coruña, dous de xullo de dous mil tres.

María José Pérez Pena, como tribunal unipersoal da Sección Segunda da Audiencia Provincial da Coruña, pronunciou en nome de El-Rei a seguinte sentencia:

No recurso de apelación interposto contra a sentencia dictada polo Xulgado de Instrucción nº 2 da Coruña, en xuízo de faltas número 108/2002, seguido por falta de vexación, figurando como apelante Miriam Díez Fernández (adheríndose ó recurso o Ministerio Fiscal), e como apelado José Luis Liñares Sánchez.

Dictamino que con desestimación dos recursos interpostos contra a sentencia dictada con data do 6 de maio de 2002 polo Xulgado de Instrucción nº da Coruña, resolvendo o xuízo de faltas nº 108/2002 debo confirmar e confirmo na súa integridade a citada resolución, todo iso con declaración de oficio das custas causadas.

Contra esta resolución non cabe recurso ordinario e para que sirva de notificación ás partes que se encontran en ignorado paradoiro».

E para que así conste, expido e asino este edicto o vintecatro de outubro de 2003.

O secretario

Rubricado