Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 225 Mércores, 19 de novembro de 2003 Páx. 14.327

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA NÚMERO NOVE DE VIGO

EDICTO (125/2003).

No procedemento de referencia dictouse a resolución do teor literal seguinte:

«Sentencia.

Procedemento xuízo verbal nº 125/2003.

En Vigo, 23 de xuño de 2003.

Vistos por min, Miguel Melero Tejerina, maxistrado xuíz do Xulgado de 1ª Instancia nº 9 de Vigo, os presentes autos de xuízo verbal, seguidos por instancia de Manuel Simón Simón, representado polo procurador Ricardo Estévez Cernadas, e asistido polo letrado J. Romero Costas; contra Ares Román López, Ángela Jiménez Gabarris e Mª Begoña López Martínez, en rebeldía procesual.

(Seguen antecedentes de feito e fundamentos xurídicos).

Decido que estimando integramente as pretensións da demandante debo declarar e declaro que procede

o desafiuzamento da vivenda sita no piso primeiro do inmoble sinalado co número 15 da rúa Casal de Abaixo de Vigo, e debo condenar e condeno a Ares Román López, Ángela Jiménez Gabarris e a Mª Begoña López Martínez a lle pagar solidariamente a Manuel Simón Simón a suma de 1.440 euros, con expresa condena en custas dos demandados».

E como consecuencia do paradoiro descoñecido de Ares Román López, Ángela Jiménez Gabarris e Mª Begoña López Martínez, emítese este edicto para que sirva de cédula de notificación.

Vigo, un de outubro de dous mil tres.

O/A secretario/a

Rubricado