Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 225 Mércores, 19 de novembro de 2003 Páx. 14.276

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE ASUNTOS SOCIAIS, EMPREGO E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 20 de outubro de 2003, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se dispón o rexistro, o depósito e a publicación, no Diario Oficial de Galicia, do convenio colectivo do sector de industrias de panificación.

Visto o texto do convenio colectivo do sector de industrias de panificación, con número de código 3600785, que tivo entrada nesta delegación provincial o día 14-10-2003, subscrito en representación da parte económica pola Asociación Provincial de Industriales de Panificacón, e da parte social, polas centrais sindicais CC.OO., UGT e CIG, con data do 30-9-2003. De conformidade co disposto no artigo 90.2º e 3º, do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo, e Real decreto 2412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia, en materia de traballo, esta delegación provincial

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la súa inscrición no libro de rexistro de convenios colectivos de traballo, que consta nesta delegación provincial, e a notificación ás representacións económica e social da comisión negociadora.

Segundo.-Ordena-lo seu depósito no Servicio de Relacións Laborais, Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación.

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Vigo, 20 de outubro de 2003.

Joaquín Macías Sánchez

Delegado provincial de Pontevedra

Convenio colectivo do sector

de industrias de panificación

provincia de Pontevedra (ano 2003)

Artigo 1º.-Ámbito de aplicación.

Este convenio afecta no seu contido normativo a toda a provincia de Pontevedra, comprendendo nel a tódalas industrias e traballadores que se rexan pola Regulamentación nacional do traballo de panaderías, normativa laboral subsidiariamente aplicable en todo o non previsto neste convenio.

Artigo 2º.-Vixencia e duración.

O convenio entrará en vigor ós dez días do seu asinamento, sen prexuízo da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, pero os seus efectos económicos retrotraeranse ata o 1 de xaneiro de 2003.

Este convenio terá unha duración dun ano e os seus efectos finalizarán o 31 de decembro de 2003. Prorrogarase automaticamente por anualidades se non media denuncia das partes cunha anticipación de tres meses, cando menos, respecto do final da súa vixencia. A dita denuncia deberase facer por escrito dirixido á outra parte afectada polo convenio.

Artigo 3º.-Retribucións.

As retribucións salariais son as que para cada categoría profesional se fixan na táboa salarial anexa, as cales foron calculadas conforme un incremento do 3,4% para o exercicio de 2003, calculado sobre a táboa salarial publicada no convenio de 2002. Os ditos salarios servirán de base para o cálculo de tódalas percepcións que sinala este convenio.

Artigo 4º.-Antigüidade.

Co fin de fomenta-la vinculación coa respectiva empresa do persoal que actúe na industria panadeira, establécense aumentos periódicos por tempo de servicios dentro da propia empresa para todo o persoal afectado pola regulamentación nas seguintes proporcións: dous bienios do 5% e catro quinquenios do 10% sobre a retribución base.

Para o cómputo da antigüidade para efectos dos aumentos periódicos, terase en conta a totalidade dos anos en servicios prestados dentro da empresa, calquera que sexa a categoría ou grupo profesional no que o traballador se encontre encadrado, aínda que o dito cómputo, para estes efectos, se iniciará desde a entrada en vigor da Regulamentación de traballo (Orde do 20 de agosto de 1968, BOE do 9 de setembro).

Os traballadores que ascendan de categoría ou cambien de grupo percibirán sobre o salario base daquela a que incorporen os aumentos periódicos por antigüidade que lles correspondan, de conformidade co precedente, calculados todos eles sobre o novo salario base.

Artigo 5º.-Licencias e permisos.

As licencias e permisos que a empresa poderá concederlles ós traballadores serán as que se recollen no cadro de licencias, ausencias e facilidades con

cedidas ós traballadores, unido como anexo II ó presente convenio.

A empresa concederá licencia non retribuída durante un día, como máximo, ó ano, sempre que se solicite con tres días de anticipación, como mínimo, antes da data do seu desfrute e non concorra a solicitude e licencia coa doutro traballador da mesma sección ou departamento.

Artigo 6º.-Vacacións.

O persoal afectado por este convenio terá dereito a unha vacación anual de trinta días naturais.

Artigo 7º.-Xornada e descansos.

A xornada laboral será de 40 horas semanais de traballo efectivo, que se distribuirán das 0.00 horas do luns ata as 22.00 horas do sábado.

Tódolos traballadores descansarán en cumprimento do establecido no artigo 37.1º do Estatuto dos traballadores, os domingos e festivos e, ademais, desfrutarán dun día de descanso durante a semana.

Segundo se dispón no laudo arbitral do 2 de xaneiro de 1998 (AGA 23/1997), as empresas incluídas dentro do ámbito de aplicación do convenio colectivo provincial de industrias de panificación da provincia de Pontevedra teñen a facultade de proceder á apertura en domingo. Os traballadores terán dereito, como mínimo, ó descanso semanal de dous domingos cada mes, desfrutando de forma alterna con respecto ós outros días de descanso semanal en cada mes natural substitutivos do domingo, e percibindo unha gratificación por prestación de servicio en domingo do 100% do salario diario ordinario incluíndo tódolos conceptos.

Entran nesta obrigatoriedade do cumprimento deste artigo tódalas panaderías da provincia, sen ningunha excepción.

Artigo 8º.-Pagas extraordinarias.

Para efectos das pagas extraordinarias de xullo, Nadal e San Honorato, estas consistirán nunha mensualidade do salario realmente percibido para cada unha delas; isto é a media dos incentivos devengados no último trimestre inmediatamente anterior ó mes do seu pagamento.

Artigo 9º.-Complemento de transporte.

Establécese un complemento de transporte na contía de 3,39 euros por día de traballo efectivo para todo o persoal.

Artigo 10º.-Retribución en especie.

Ademais da remuneración en metálico e sen que se compute como salario, tódolos traballadores recibirán 1 kg de pan cada día de traballo, así como os descansos semanais, días de festa non recuperables, días de vacacións e días en situación de IT, que deberá ser de calquera das pezas comerciais que a empresa fabrique e nunca elaborado especialmente para os traballadores.

O valor deste suplemento alimenticio non se computará para a determinación do salario en gratificacións, aumentos por antigüidade nin para o fondo do complemento familiar.

Artigo 11º.-Aplicación más favorable.

Os preceptos deste convenio aplicaranse en sentido máis favorable para o traballador, sen que en ningún caso se menoscaben aquelas situacións máis beneficiosas que poidan existir por concesión graciable da empresa.

Artigo 12º.-Cesamentos.

O persoal afectado polo presente convenio que se propoña cesar voluntariamente no servicio dunha empresa, deberallo comunicar ó xefe desta, polo menos con quince días de anticipación á data en que se vaia deixar de prestar servicio.

O incumprimento por parte do traballador da obriga de avisar coa indicada anticipación daralle dereito á empresa a descontar da liquidación o importe do salario dun día por cada día de atraso no aviso.

Artigo 13º.-Complemento por IT.

No caso de incapacidade laboral transitoria, as empresas aboaranlle ó seu persoal o 100% do seu salario real (salario máis complementos), durante o tempo que dure a hospitalización do traballador afectado, se for necesaria aquela e despois de xustificala.

Igualmente complementarán ata o citado importe as baixas de IT motivadas por accidente de traballo.

Nos demais supostos aboarase o subsidio de IT na súa contía legal.

Artigo 14º.-Festividade de San Honorato.

Establécese como festa do patrón con carácter aboable e non recuperable o día 16 de maio, festividade de San Honorato.

Artigo 15º.-Seguro de accidentes.

As empresas afectadas polo presente convenio deberán subscribir no prazo de dous meses, a partir do momento da súa sinatura, unha póliza de seguro colectivo con primas íntegras ó seu cargo, que cubran as seguintes indemnizacións:

-Accidente laboral ou común, como resultado de morte, invalidez permanente total, absoluta ou gran invalidez, por un capital de 15.025,30 euros.

-As indemnizacións faranse efectivas ó traballador afectado ou ós seus habentes causa.

Artigo 16º.-Cláusula de consolidación.

As distintas categorías profesionais con dereito a este complemento de semimecanización integraron este no salario base, desaparecendo xa, como tal concepto, a partir da data de publicación deste convenio colectivo e pasando a formar parte da táboa salarial anexa.

Igualmente suprímese o denominado complemento de iniciación de xornada que deberán seguir percibindo aqueles traballadores contratados antes do 1 de xaneiro de 2003 e que realmente anticipen a xornada de traballo, percibindo por iso a cantidade de 2,74 euros por hora anticipada.

Debido á desaparición de determinadas categorías salariais, cualificadas de obsoletas, consolídanse a utilización destas a aqueles traballadores que as tiveran e non encontrasen asimilación nas novas, respectando os incrementos salariais que en cada ano se foran producindo.

Artigo 17º.-Complemento retributivo en días festivos ou descansos.

A retribución nos supostos de realización de traballo en días de descanso, así como a retribución dos días festivos que se traballen ou se anticipe a súa producción, efectuarase aplicando o módulo habitual de retribución (salario base, antigüidade, complemento de mecanización e anticipo de horas cando proceda), un coeficiente do 55% de incremento.

Artigo 18º.-Roupa de traballo.

Tódalas empresas afectadas polo presente convenio están obrigadas a facilitarlles ós seus traballadores ó inicio de cada semestre natural unha bata ou pantalón e chaqueta curta ou peza similar adecuada ó posto de traballo; o seu uso será obrigatorio.

Artigo 19º.-Recoñecementos médicos.

Tódolos traballadores da empresa terán dereito a unha revisión médica anual, que se realizará, en calquera caso, a cargo da empresa.

Artigo 20º.-Formación profesional.

As partes signatarias do presente convenio acordan promover cantas accións sexan necesarias encamiñadas ó desenvolvemento e mellora da formación profesional dos traballadores.

En tal sentido, e como primeira decisión ó respecto, as empresas afectadas polo presente convenio comprométense a que as ensinanzas previstas como obrigatorias no Real decreto 1992/1984, para os contratos para a formación, poidan realizarse, en canto o dito centro subsista, na escola de formación profesional existente na Asociación Provincial de Industriais de Panificación.

Así mesmo, os títulos e acreditacións que emita a dirección académica da escola de formación profesional en relación ós traballadores que se formen nela, terán o valor de certificado para os efectos do previsto no artigo 10 do Real decreto 1992/1984.

Artigo 21º.-Contratos de duración determinada (artigo 15.1º b) do Estatuto dos traballadores).

Para efectos do disposto no Real decreto 2720/1998, L. 12/2001, sobre contratos de duración determinada, cando os contratos se concerten para cubrir postos en centros de traballo que non teñan a consideración de obra. Neste suposto a duración máxima do contrato poderá ser de 12 meses dentro dun período de 15 meses.

No caso de se concertaren por un período inferior a 12 meses, este poderá ser prorrogado, de común acordo entre as partes, ata o tope máximo descrito.

Artigo 22º.-Comisión mixta do convenio.

Para a interpretación, vixilancia e cumprimento do pactado por ámbalas partes neste convenio, crearase a comisión mixta de vixilancia ou interpretación, correspondendo a súa presidencia á comisión deliberadora do convenio ou persoa en quen delegue, e composta ademais por catro empresarios e igual número de traballadores.

Esta comisión actuará no ámbito da súa competencia, sen invadi-las esferas privativas daqueles organismos e xurisdiccións que teñan unha competencia determinada e concreta, recoñecida na normativa dos convenios colectivos.

Artigo 23º.-Negociación colectiva.

O texto do convenio colectivo de ámbito provincial para o sector da industria de panificación é subscrito pola Asociación Provincial de Industrias de Panificación (Aproinpa) e a Confederación Sindical de Comisións Obreiras (CC.OO.), Unión Xeral de Traballadores (UGT) e Confederación Intersindical Galega (CIG) de conformidade co artigo 85, letra A, da Lei 8/1980, do 10 de marzo, do Estatuto dos traballadores.

ANEXO I

Táboa salarial

TécnicosSalarios

Xefe de fabricación688,29

AdministrativosSalarios

Xefe de oficina598,51

Oficial administrativo540,08

Auxiliar administrativo508,77

Persoal de obradorEuros/día

Encargado20,58

Oficial artesán22,00

Oficial de pa20,58

Oficial de masa20,04

Oficial de mesa19,61

Amasador19,51

Axudante19,61

Aprendiz17,55

Servicios complementariosEuros/día

Autovenda/repartidor17,82

Vendedor/demostrador de establecemento17,55

Persoal de limpeza17,55

ANEXO II

Licencias e permisos

Motivo da licenciaTempo máximoSalarioAntigüidadeAnt. xor.Semi. mec.Compl. trans.C. volDocumento acreditativo

Falecemiento de pais, avós, cónxuxe, fillos, netos, irmás e pais políticos.4 días naturais.SiSiSiSiNonSiNecrolóxica e documentos que acredite parentesco.

Enfermidade grave de pais, sogros, fillos, netos, cónxuxe, irmáns e avós.4 días naturais.SiSiSiSiNonSiCertificado médico especificando gravidade.

Falecemento de noras, xenros, cuñados, sobriños e avós políticos.2 días naturais.SiSiSiSiNonSiNecrolóxica e documento acreditativo parentesco.

Nacemento de fillo.3 días laboral.SiSiSiSiNonSiLibro de familia ou certificado do xulgado.

Motivo da licenciaTempo máximoSalarioAntigüidadeAnt. xor.Semi. mec.Compl. trans.C. volDocumento acreditativo

Matrimonio do traballador.15 días naturais.SiSiSiSiNonSiLibro fam./certif.

Xulgado/igrexa.

Matrimonio fillos/irmáns e novas nupcias de pais.1 día natural.SiSiSiSiNonSiCert. xulgado/igrexa.

Parentesco. Invitación.

Traslado de domicilio habitual.1 día laboral.SiSiSiSiNonSiCertificado do padrón.

Enfermidade e consulta médica. Consulta a especialista SOE prescrita por médico de medicina xeral.Polo tempo neces. Máximo 5 horas ó día.SiSiSiSiNonSiCopia volante médico SOE, xustificante asistencia a especialista.

Consulta médico medicina xeral.4 h/día máximo.SiSiSiSiNonSiCertificado médico ou similar.

Enfermidade con baixa oficial.3 prim. días.SiSiSiSiNonSiParte de baixa.

Accidente de traballo.Día de accid.SiSiSiSiSiSiXustificante serv. médico mutua patronal.

Lactación.S./lei.SiSiSiSiNonSiCertificado de nacemento.

Cargo sindical ou público.S./lei.SiSiSiSiSiSiSegundo caso.

Licencia de carácter persoal.1 día ó ano.NonNonNonNonNonNonSolicitar con tres días. Xustificar.

Chamada servicio militar obrigatorio ou voluntario.Tempo neces.SiSiSiSiNonSiXustificante incorporación a filas.