Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 225 Mércores, 19 de novembro de 2003 Páx. 14.275

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 10 de outubro de 2003 pola que se lle concede a autorización definitiva ó conservatorio de música de Carballo (A Coruña), para imparti-las ensinanzas de grao medio.

Segundo o disposto no artigo 31 do Estatuto de autonomía de Galicia, é competencia da Comunidade Autónoma galega a regulamentación e administración do ensino en toda a súa extensión, niveis e graos, modalidades e especialidades e o artigo 1 do Decreto 213/1998, do 10 de xullo, DOG do 23, establece que a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria é o órgano da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia ó que lle corresponden as ditas competencias.

Polo Decreto 285/1990, do 27 de abril, DOG do 18 de maio, créase o conservatorio de música non estatal de grao elemental dependente do Concello de Carballo, e por Orde do 22 de maio de 1990, DOG do 11 de xuño, autorizouse a posta en funcionamento deste centro.

Tendo en conta que o dito conservatorio vén impartindo, ademais do grao elemental, as ensinanzas de música de grao medio, con carácter provisional, en virtude do disposto na disposición transitoria sétima do Real decreto 389/1992, do 15 de abril, BOE do 28.

Vistos os correspondentes informes nos que se acreditan o cumprimento efectivo dos requisitos mínimos que establece o Real decreto 389/1992, do 15 de abril, para os centros que imparten as ensinanzas artísticas previstas no capítulo primeiro do título II da Lei orgánica 1/1990, do 3 de outubro, de ordenación xeral do sistema educativo, e de que a estructura e planificación académica do centro se axusta ó disposto no Decreto 253/1993, do 29 de xullo, polo que se establece o currículo do grao elemental e do grao medio das ensinanzas de música e o acceso ós ditos graos, DOG do 25 de outubro, modificado e ampliado polo Decreto 179/2003, do 27 de febreiro, DOG do 14 de marzo.

Esta consellería, por proposta da Dirección Xeral de Centros e Ordenación Educativa,

DISPÓN:

Primeiro.-Concede-la autorización definitiva ó conservatorio de música de Carballo (A Coruña) para imparti-las ensinanzas de grao medio, segundo os datos que figuran no anexo.

Segundo.-No dito conservatorio impartiranse as ensinanzas dos graos elemental e medio de música reguladas pola Lei orgánica 1/1990, do 3 de outubro, de ordenación xeral do sistema educativo, e polo Decreto 253/1993, do 29 de xullo, polo que se establece o currículo do grao elemental e do grao medio das ensinanzas de música e o acceso ós ditos graos, modificado e ampliado polo Decreto 179/2003, do 27 de febreiro.

Terceiro.-Este centro queda obrigado ó cumprimento da lexislación vixente para los centros que imparten ensinanzas de música, e solicita-la oportuna revisión cando teña que modificarse calquera dos datos sinalados nesta orde.

Cuarto.-Contra esta orde, que esgota a vía administrativa, os interesados poderán interpoñer recurso potestativo de reposición perante o conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria, no prazo dun mes, a partir do día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, segundo o disposto nos artigos 116 e 117 da Lei 4/1999, BOE do 14 de xaneiro, de modificación da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, ou ben directamente o recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses, perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

Disposición derradeira

Primeira.-Facúltanse as direccións xerais de Centros e Ordenación Educativa e a de Formación Profesional e Ensinanzas Especiais para dicta-las medidas necesarias para o desenvolvemento desta orde.

Segunda.-Esta orde entrará en vigor a partir do día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 10 de outubro de 2003.

Celso Currás Fernández

Conselleiro de Educación e Ordenación

Universitaria

ANEXO

Provincia: A Coruña.

Concello: Carballo.

Localidade: Carballo.

Enderezo: Praza do Concello, s/n.

Código: 15026662.

Titular: Concello de Carballo.

Denominación: Conservatorio Profesional de Música de Carballo.

Postos escolares autorizados: 80 de grao elemental e 180 grao medio.