A Lei 27/1992, do 24 de novembro, de portos do Estado e a mariña mercante, texto reformado pola Lei 62/1997, do 26 de decembro, atribúelles ás comunidades autónomas a facultade de designación e separación dos vocais dos consellos de administración das autoridades portuarias de interese xeral do Estado sitas no seu territorio.
O acordo do Consello da Xunta de Galicia do 10 de xaneiro de 2002 modificado polo do 6 de xuño de 2002 faculta o conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda para o exercicio das devanditas competencias.
Conforme co previsto no artigo 40 Lei 27/1992, do 24 de novembro, de portos do Estado e mariña mercante, texto reformado pola Lei 62/1997, do 26 de decembro, a designación e separación de vocais dos consellos de administración deberá facerse necesariamente por proposta das administracións públicas e entidades e organismos representados no Consello de Administración, polo que, vistas as peticións e propostas de modificación realizadas ó abeiro do disposto no artigo 40, número 2º, da Lei 27/1992, polas distintas administracións públicas, entidades e organismos, e, en canto órgano competente,
DISPOÑO:
O nomeamento dos seguintes vocais dos consellos de administración das autoridades portuarias e en
representación das administracións, entidades e organismos que a seguir se relacionan:
Autoridade portuaria de San Cibrao-Ferrol e a súa ría:
1. En representación da Confederación de Empresarios da Coruña:
-Francisco Santiáñez Orero.
2. En representación da Xunta de Galicia:
-Leopoldo Rubido Ramonde.
Autoridade portuaria de Vilagarcía de Arousa e a súa ría:
1. En representación da Xunta de Galicia:
-Ana Isabel Calzadilla Bouzón.
Autoridade portuaria de Marín e ría de Pontevedra:
1. En representación do Concello de Marín:
-Raimundo Calviño Garrido.
2. En representación do Concello de Pontevedra:
-Miguel Anxo Fernández Lores.
3. En representación da Xunta de Galicia:
-Perfecto Rodríguez Muíños.
Santiago de Compostela, 12 de novembro de 2003.
Alberto Núñez Feijoo
Conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas
e Vivenda